O novo Plano Forestal da Xunta: Máis eucalipto e menos consenso social que nunca

Con respecto á versión do Plan Forestal exposta publicamente en 2018, a norma agora en trámite no Parlamento afonda aínda máis no seu carácter produtivista e eucaliptizador, que pretende camuflar invocando a neutralidade climática e os obxectivos de sustentabilidade da ONU. A xustificación da Xunta é “incrementar a capacidade dos montes para absorber gases de…

O lobo deixará de ser cazábel tamén en Galiza!

ADEGA cualifica de histórica a decisión da Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e de Biodiversidade que aprobou incluír o lobo na Lista de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial, o que suporía que a especie deixase de ser cazábel tamén en Galiza. E parabeniza á Asociación para a Conservación e Estudo do Lobo…

Vitoria!: Endesa anuncia o peche da central de carbón das Pontes!

Desde ADEGA e desde o ecoloxismo galego celebramos a decisión definitiva de Endesa de pechar a central de carbón das Pontes como un enorme éxito na loita desde a nosa terra contra a emerxencia climática global!  Confirmada a inviabilidade da falsa solución da co-combustión de carbón e residuos, agora cómpre centrar por fin os esforzos na implementación dun…

Santa Locaia: outro bosque atlántico de grande valor ameazado polas eólicas

O parque eólico “Banzas” e a liña de evacuación eléctrica asociada van alterar un dos redutos de bosque atlántico húmido mellorconservados do país, con presenza de especies moi raras, ameazadas e en perigo de extinción. A desfeita eólica non para: desta volta tócalle a un espazo pouco coñecido mais non por iso menos importante. Trátasese…

A Xunta autorizou granxas de visón en contra dunha sentenza do Tribunal Supremo

4 das 26 granxas de visón actualmente en funcionamento en Galiza poden ser ilegais, ao telas a Xunta autorizado despois de marzo de 2016. Nesta data o Supremo prohibíu novas instalacións e ampliacións en todo o territorio do Estado. A propia Xunta achegou información en resposta a unha reclamación de ADEGA dando conta do estado das granxas…

Eucalipto 3.0: A viscosa e un novo boom do eucalipto?

A Xunta de Galiza vén de anunciar o seu apoio á multinacional Inditex para poñer en marcha unha fábrica de roupa “sostíbel” a partir de fibras téxtiles que substitúan as sintéticas, coa dotación de fondos europeos para a produción de viscosa. Mais este proxecto reincidiría unha vez máis nunha das maiores lacras ambientais do país: a…

Feudalismo eólico: cesións a custo cero e cláusulas leoninas con “expropiación pactada” nos contratos de arrendamento

Algúns contratos eólicos son pouco menos que insultantes para os titulares das terras. Prezos ridículos e cláusulas escandalosamente favorábeis para as empresas, que mesmo ofrecen opcións de arrendamento a 5 anos pagando CERO! Mesmo pretenden que os propietarios renuncien por contrato ao seu dereito a percibir un prezo xusto en caso de expropiación, aceptando o…