Sanidade prima a caza sobre a saúde pública en situación de máxima alerta sanitaria

ADEGA considera inconcibible e inxutificable que o principal organismo galego cuxa función é defender a saúde pública, a Consellería de Sanidade, exceptúe a caza do cumprimento do Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro e da Orde do 26 de xaneiro de 2021, e permita a mobilidade dos cazadores por toda Galiza para participar en  batidas de xabaril e lobo, ou promova a actividade cinexética contraria á propia orde de vedas.

A situación de alerta sanitaria xerada pola COVID-19 é extremadamente excepcional, grave e sen precedentes, polo que segue requirindo o maior esforzo por parte de toda a sociedade. O colectivo cinexético non pode ser alleo a esta grave situación. Que se permita a mobilidade sen limitacións para participar en batidas cando as restricións de mobilidade fóra dos concellos perimetrados están sendo tan duras só pode considerarse un agravio co resto da cidadanía, e unha concesión caprichosa dun privilexio inxustificable, que alonga de novo unha tempada de caza xa iniciada en agosto para as batidas, e que desde outubro continuou para a caza menor que vén de rematar.

A continuidade das batidas e agardas nas vindeiras semanas tampouco se pode escudar na necesidade de facer fronte a danos causados pola fauna salvaxe, xa que non existe unha proxección de valoración certa nin rigorosa sobre danos a cultivos. A seguridade sanitaria debe estar por diante dun hipotético ” beneficio” de controis poboacionais do xabaril, pois en tres semanas, de habelo, sería totalmente marxinal.

ADEGA reincide na necesidade de prohibir durante a o estado de alarma toda modalidade de caza, máxime tendo en conta a liberdade da que gozou especialmente o sector cinexético nos últimos meses de restricións. A caza, aínda que sexa por danos, ben pode agardar coma o resto de actividades, pois tampouco é ningunha garantía, nin está demostrado, que supoña unha mellora ou mitigación fronte os danos a cultivos ou accidentes.

Dende ADEGA insistimos que a poboación do xabaril non está descontrolada, senón que carece de xestión, e a súa situación seguirá igual que hai uns meses e a dos últimos anos, malia á aplicación destas excepcións. Mentres que non se adoiten criterios rigorosos e se elabore un Plan Galego de Xestióin do Xabaril, completo e detallado, con medidas máis alá da caza, pouco se avanzará á hora de mitigar danos e accidentes.

Nin concorren as circunstancias de seguridade, nin de vixilancia e control por parte da Administración, para velar polo seu correcto desenvolvemento. As batidas precisan dunha concentración mínima de persoas, e as agardas deben estar controladas. Todos os recursos da Administración deben estar postos nestes momentos na crise da pandemia.

A caza do raposo non está autorizada coas novas restricións

O 7 de xaneiro rematou o período ordinario da caza menor, e con ela a caza do raposo, que até o 14 de febreiro só podería cazarse mediante a organización de batidas, conforme á orde de vedas para esta temporada. Dado que as medidas publicadas no DOG do 26 de xaneiro, só permiten batidas para xabaril (e lobo, de autorizarse excepcionalmente), e que para o resto de actividade cinexética só se pode cazar individualmente ou cun convivinte, materialmente non pode practicarse a modalidade de caza vixente para o raposo.

Así mesmo, a pretensión por parte do sector de querer realizar a caza de raposo mediante batidas nas que os participantes irían por separado resulta totalmente ilegal coa aplicación da lei de caza. As batidas son unha actividade cinexética que se practica de modo grupal, e para a que se precisa un mínimo de participantes e unhas medidas de seguridade, que no modo individual pretendido non se cumpren. Agardamos que a Xunta non teña agora a tentación de incorporar unha nova corrección de erros ou modificar esta orde para levantar as limiitacións que manteñen suspendida a caza de raposo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: