Life Oso Courel: Favorecendo o asentamento do oso na serra do Courel

Desde finais do século XX, a poboación cantábrica de oso pardo estase a recuperar grazas aos esforzos de conservación aplicados sobre a especie e o seu hábitat e ao cambio cara a unha percepción máis positiva e favorable entre os habitantes das zonas oseras. Esta recuperación produciu un aumento importante do número de osas reprodutoras nas áreas de presenza habitual, pero tamén unha maior presenza de osos novos que se dispersan cara a novas zonas, favorecendo a conexión entre os núcleos reprodutores e a expansión cara a territorios nos que estivo ausente moitos anos. Este é o caso da Serra do Courel, a onde a especie está regresando despois dun pequeno paréntese histórico no que desapareceu deste territorio. O proxecto Life Oso Courel desenvólvese nas montañas do Courel para favorecer o asentamento da especie e compatibilizar a súa presenza coas actividades humanas no territorio.

Deste proxecto falaranos Óscar Rivas López, Licenciado en veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, con formación complementaria en bioloxía da conservación e coñecementos xerais sobre fauna silvestre. Como profesional compaxina o traballo de veterinario e de seguimento e manexo de fauna silvestre co traballo técnico na Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), onde desenvolve e participa en distintos proxectos de conservación. É autor de numerosos artigos e informes sobre ecoloxía e conservación de especies ameazadas e distintos espazos naturais.

A emisión será este venres, 5 de febreiro do 2021, ás 20:30h., baixo o título “Life Oso Courel: Favorecendo o asentamento do oso na serra do Courel”. Se queres participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s