O anuncio da Xunta de rexeitar ambientalmente a reapertura da mina é unha boa nova. Porén, non fai desaparecer as ameazas dunha explotación con concesión até o 2068 nin os impactos de máis de 30 anos de verteduras. Ledicia e cautela Dende ADEGA revisaremos polo miúdo os contidos da anunciada DIA (Declaración de Impacto Ambiental),…
Etiqueta: ADEGA
Sábado 25 de xaneiro: Xornada de voluntariado no Monte da Fraga
Para comezar coas actuacións de custodia no Monte da Fraga en 2020 organizamos esta actividade de voluntariado, que consiste nunha plantación de loureiros no borde superior da ladeira coa intención de facer un filtro verde. Esta plantación comezou o curso pasado e este ano darémoslle continuidade. Participa activamente na recuperación dun espazo, estes terreos pertencentes…
ADEGA Vigo súmase ao manifesto en contra da cidade deportiva do Celta de Vigo en Mos
O proxecto da cidade deportiva do Celta de Vigo en Mos ten previsto expropiar 864.000 metros cadrados de monte, dos cales a metade corresponden a monte en man común. O fin último desta expropiación é ceder os terreos ao presidente do Club Celta de Vigo, quen construirá un centro comercial de 120.000 metros cadrados, alén…
Caza indiscriminada do raposo en Triacastela, pese a ser o depredador natural da rata-toupe
ADEGA vén de solicitar ante a Consellaría de Medio Ambiente e a Consellaría de Medio Rural a suspensión inmediata do Campionato galego de caza do raposo que, previsiblemente, se celebrará este sábado, 18 de xaneiro, nos concellos lucenses de Láncara e Triacastela. ADEGA denuncia unha vez máis que este tipo de actos anacrónicos, crueis e…
Eliminación de flora exótica invasora en Fisterra polo Día dos Humidais
O sábado 1 de febreiro de 2020 desenvolverase unha acción de voluntariado ambiental para continuar coa loita contra as especies invasoras nas microrreservas de Fisterra. Convocamos ao voluntariado ambiental a participar nesta iniciativa e a coñecer este espazo de Fisterra cun elevado valor ambiental e diversidade botánica. A actividade será na praia do Rostro e actuarase…
A Fiscalía de Medio Ambiente do TSXG traslada ao xulgado dúas denuncias contra a mina de Touro-O Pino
Nunha recente entrevista co Fiscal delegado de Medio Ambiente e Incendios Álvaro García Ortiz, este confirmou que as informacións achegadas polos colectivos opostos ao proxecto mineiro de Touro e O Pino, xa deron lugar a dúas denuncias contra EXPLOTACIONES GALLEGAS SL e TRATAMIENTOS ECOLÓGICOS DEL NOROESTE (TEN) SL. A primeira denuncia presentada pola Fiscalía no…
Fitos de ADEGA en 2019. Únete a nós!
O 2019 foi un ano da conclusión exitosa dalgunhas das accións iniciadas por ADEGA, en solitario ou en colectivo, no ámbito xudicial e administrativo, como a declaración de Cova Eirós como BIC. Pero tamén destaca a paralización das obras do Parque Eólico Serra do Iribio, no espazo natural protexido como Rede Natura Ancares-Courel, a súa…
Caso Pescanova: xuízo a un modelo corrupto e depredador
Na Audiencia Nacional española estase vendo o xuízo contra a cúpula da antiga Pescanova. Os dirixentes imputados non son os unicos responsábeis do buraco milmillonario, a corrupción e o branqueo. Á marxe dos espúreos manexos empresariais polos que está procesado o ex-presidente da antiga Pescanova Manuel Fernández de Sousa, (falseamento de contas, de información económica…
A COP25, un novo fracaso na loita contra o Cambio Climático
O pasado venres 13 de decembro finalizou a vixésimoquinta Conferencia das Partes (COP, das súas siglas en inglés), o órgano supremo de toma de decisións en materia de mitigación e de redución dos efectos do cambio climático da Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático (CMNUCC) que se reúne cada ano desde hai 25…
A Xunta e o concello das Pontes teiman en que ENDESA siga a contaminar
Galiza soporta unha contaminación moi por riba do que lle cadraría por superficie xeográfica, poboación, grao de industrialización…. Mentres, outras partes do Estado son privilexiadas porque sen ter que aturar a contaminación no seu territorio, consomen a electricidade. As térmicas de carbón en Galiza emitían en 2018 máis de 10 millóns de toneladas de GEIs…
Para autorizar unha mina a Xunta ignora os seus propios informes e confía na palabra da empresa
En xuño pasado a Xunta emitíu DIA favorábel para a mina de ERIMSA en Mesía. Fíxoo apesar dun informe de Medio Rural que “rexeitaba o proxecto con rotundidade”. Agora soubemos que MR emitíu un segundo informe favorábel no que fía todo á palabra da empresa… Medio Rural vén de respostar a unha solicitude de ADEGA…
A Xunta propón nova reserva da Biosfera ao tempo que autoriza proxectos agresivos nese mesmo territorio
ADEGA e a Plataforma Salvemos o Iribio (integrada por máis de 20 organizacións) vimos de presentar alegacións ao proxecto da Xunta para a criazón da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel. Dende as nosas organizacións apoiamos a proposta de declaración da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel como…