O sábado 1 de febreiro de 2020 desenvolverase unha acción de voluntariado ambiental para continuar coa loita contra as especies invasoras nas microrreservas de Fisterra. Convocamos ao voluntariado ambiental a participar nesta iniciativa e a coñecer este espazo de Fisterra cun elevado valor ambiental e diversidade botánica.
A actividade será na praia do Rostro e actuarase coas especies de Yucca gloriosa alí presentes.
O programa provisional é:
10:30 Introdución á problemática ambiental das especies exóticas invasoras.
11:00 Traballos de eliminación de flora exótica
15:00 Xantar
16:00 Remate e pequeno roterio polas microrreservas de flora
O voluntariado contará cun seguro de accidentes e terá os gastos cubertos.
A actividade é gratuíta mais é preciso inscribirse:
981 57 00 99 / 616 238050
ramses@adega.gal