Plantación de autóctonas en Ferrol o 18 de Xaneiro

As Brigadas deseucaliptizadoras voltan a Ferrolterra para dar continuación dos traballos realizados en 2019 no monte do Calexón (Valón), dando continuidade ás de 8 de xuño e 14 de decembro.

Para vos apuntar, é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistas e enviar un correo electrónico á persoa coordinadora da brigada: feryanezmarcelin@gmail.com Data límite para apuntarse para facilitar a loxística 16 de xaneiro (máximo 30 persoas).

Desta volta realizaráse unha plantación manual de aproximadamente 300 árbores autóctonas: castiñeiros, carballos e bidueiros maiormente. Nesta xornada o labor será exclusivamente a plantación manual con sacho das árbores autóctonas no lugar que durante décadas fóra un eucaliptal. Agradécese as persoas voluntarias que que dispoñan dela que traian ferramenta propia.

O lugar de encontro será o local da asociación de veciñ@s de Valón ás 9:00 h da mañá, https://www.google.com/maps

Dende alí partiremos para a zona de traballo. Os traballos realizaranse ata ás 14:00 h cando regresaremos á asociación de veciñ@s onde a organización convidará ás persoas participantes ao xantar comunitario. Lembrarvos que as brigadas non son só traballo, senón tamén convivio, todo o mundo é benvido independentemente da súa capacidade de traballo, así agradecemos a presenza de crianzas ou persoas maiores que queiran compartir a xornada ou o xantar con nós.

 

 

VÉMONOS NO MONTE!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s