ADEGA Vigo súmase ao manifesto en contra da cidade deportiva do Celta de Vigo en Mos

O proxecto da cidade deportiva do Celta de Vigo en Mos ten previsto expropiar 864.000 metros cadrados de monte, dos cales a metade corresponden a monte en man común. O fin último desta expropiación é ceder os terreos ao presidente do Club Celta de Vigo, quen construirá un centro comercial de 120.000 metros cadrados, alén das dotacións deportivas.

Estamos polo tanto ante un proxecto especulativo e de expropiación do monte comunal que corresponde cun modelo e cunha lóxica caduca e errada de ocupación do territorio, a cal non favorece a mobilidade sostible, causa un gran impacto ambiental e actúa como barreira ecolóxica ao desfragmentar máis os ecosistemas.

Desde ADEGA opoñémonos a este proxecto especulativo, motivo polo cal asinamos e apoiamos, xunto con máis entidades do ecoloxismo galego, o manifesto da veciñanza comuneira de Tameiga para pedir a paralización da cidade deportiva de Vigo en terreos do monte comunal.

Acto de presentación conxunta das alegacións

Tamén desde ADEGA presentamos alegacións á modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que dá vía administrativa ao proxecto da cidade deportiva do Real Club Celta de Vigo e do megacentro comercial en Mos foi e que foi aprobado o pasado mes de setembro.

Co fin de facer un acto de entrega colectiva das alegacións á modificación do PXOM, a veciñanza de Mos, a través da plataforma A auga é vida,  convoca a toda a cidadanía e ás organización ecoloxistas e sociais, a un acto que terá lugar o 22 de xaneiro, ás 10:00h, na praza do concello de Mos.

Durante este acto, presentarase públicamente o manifesto O monte é vida e non un lugar para especular!

Agardámoste!

Organizacións asinantes do manifesto

ADEGA, Greenpeace, Ecoloxistas en Acción Galiza, Verdegaia, Extinction Rebellion Vigo, EQUO Galicia, Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo, Plataforma Salvemos O Iribio, Fundação Montescola, Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins, Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Froxán, Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo, A.S.C Vagalume, Marcha Mundial das Mulleres

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s