ContraMINAcción rexeita a “Lei de prevaricación” ambiental”

O goberno de Feijoo vén de anunciar o inicio dos trámites para aprobar a segunda parte da Lei de Depredación de Galicia, que denomina en neolingua, “Lei de avaliación ambiental de Galicia”.

Compostela, 18 de xaneiro de 2020.- Ao mais puro estilo Tahoces en materia de transparencia, a Xunta liquidou o trámite de consulta pública previa previsto no artigo 133 da lei de procedemento administrativo cun documento de 2 páxinas para explicar os problemas que se pretenden solucionar, a necesidade e obxectivos da norma e as solucións alternativas, a pesar de que esta consulta require que se poña a disposición da cidadanía os documentos necesarios, que serán claros e concisos e reúnan toda a información precisa para que se poida pronunciar sobre a materia.

Algúns dos elementos desta secuela de favores lexislativos a diversos lobbies, en particular ao mineiro, ao que renden pleitesía desde fai mais dunha década as consellerías todas e singularmente as de Medio Ambiente e Industria, pode adiviñarse traducindo a neolíngua usada na nota de prensa do Consello da Xunta:

  • Usar as competencias autonómicas para tratar de limitar e reinterpretar os requirimentos da lexislación europea e estatal en materia de avaliación de impacto ambiental.

  • Facer inefectiva e arbitraria a avaliación dos proxectos: preténdese que sexa o órgano sustantivo quen escolla en cada caso os órganos administrativos e as entidades ecoloxistas que os informen.

  • Acabar de vez con calquera reparo á hora de depredar en Rede Natura: “no canto de comezar un procedemento administrativo dun mínimo de cinco meses de duración, regularíase que sexa un informe da dirección xeral competente o que sinale se hai ou non esa posible afección. De concluirse a inexistencia de afección, non sería necesario tramitar un procedemento de avaliación ambiental.

O obxectivo global non parece outro que legalizar un modus operandi a través do cal a Xunta vén eximindo de trámite ambiental proxectos que en normal cumprimento da lei debían de o seguir. Obxectivo que non se oculta completamente, cando no apartado de posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias se indica que: A alternativa sería manter a actual regulación coa Lei 1/1995“. Isto é: cumprir a lei. Máis do que unha “lei de avaliación ambiental” parece que o que a Xunta pretende é unha “lei de prevaricación ambiental”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s