Nun momento no que se está a debater sobre o futuro modelo forestal de Galiza e dos seus montes, a través da primeira revisión do Plan Forestal Galego, Cerna 79 recolle a valoración que fan da campaña da ILP na defensa do bosque autóctono as entidades promotoras desta iniciativa lexislativa, que promove o deseño dunha…
Etiqueta: ADEGA
O Plan Revitaliza permitirá ao concello de As Neves compostar todo o lixo orgánico da veciñanza no 2019
O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra vai permitir ao Concello de As Neves mudar o seu modelo de xestión de lixo e compostar todos os biorresiduos da súa veciñanza a primeiros de 2019. No día de hoxe o vicepresidente César Mosquera, o alcalde Xosé Manuel Rodríguez, e a presidenta da asociación ecoloxista Adega, Virxinia…
ADEGA reclama políticas e recursos para protexer o lobo e favorecer a súa coexistencia coa gandería
Ante as diferentes noticias saídas nestes últimos días sobre o lobo en relación ao incremento no número de danos á gandería, dun suposto incremento das súas poboacións e da demanda para que se autoricen controis da súa poboación, ADEGA achega mediante este documento unha serie de consideracións co propósito de incorporar cuestións fundamentais para entender…
Para o AVE non vale todo: abonda de verteduras ao Támega!
Manifesto en defensa do río Támega: abonda xa de verteduras! Cinco anos, cinco longos anos, son os que leva o río Támega a través das súas afluentes Cabras e Cereixo, soportando agresións, sufrindo verquidos de metais pesados unha e outra vez. Quizais fomos unhas ilusas cando en xuño de 2013 pensamos que aquilo era puntual,…
O novo goberno estatal ten a oportunidade de liberar a ría de Pontevedra de ENCE
A planta de celulosa de Ence en Pontevedra, asentada sobre terreos de dominio público marítimo-terrestre, ten unha concesión outorgada por Orden Ministerial do 13 xuño de 1958 con vencemento o 29 de xullo de 2018. Antes de rematar o prazo e con data 20 de xaneiro de 2016, de forma fulminante e sorpresiva e cun…
Tres fraudulentos parques eólicos ameazan flora endémica en perigo de extinción
Greenalia Power (antes Kakekias Eólica) presentou 3 proxectos de parques eólicos (Campelo, Bustelo e Monte Toural) de 42, 46,2 e 21 MW respeitivamente, nunha mesma área xeográfica arredor do Monte Castelo e a lagoa de Alcaián, nos concellos de Coristanco, Santa Comba, Carballo e Tordoia. Endemismos galegos únicos no mundo, en perigo As instalacións destes…
Danada unha mámoa de Pena Grande por unha plantación de eucaliptos
ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar perante o Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) unha denuncia por posibles danos ocasionados na Mámoa 9 de Pena Grande en Vilalba (Lugo), por mor dunha plantación ilegal de eucaliptos. Este ben patrimonial foi danado como consecuencia dos profundos sucos realizados sobre a masa tumular no transcurso dos…
O Instituto Xeolóxico e Mineiro (IGME) sementa dúbidas sobre a viabilidade do proxecto mineiro de Touro
Entre os informes sectoriais que figuran no expediente do proxecto mineiro de Touro, está o remitido polo IGME (Instituto Geológico y Minero de España). O ente estatal avaliou tanto a memoria do proxecto como o plano de restauración e o estudo de impacto ambiental. Aliás das consideracións xeolóxico-técnicas sobre o xacemento (características xeolóxicas, hidroloxía, recursos…
Informes sectoriais da Xunta subliñan graves riscos para a saúde e o ambiente do chafalleiro proxecto de Touro
Risco de contaminación das traídas, dos acuíferos, da atmosfera, de derrubamento… incompatibilidade co aproveitamento gandeiro, forestal… e unha manchea de carencias e inexactitudes, son algunhas das eivas que apontan os departamentos da Xunta nos seus informes sectoriais ao proxecto mineiro de Touro, e que vimos de coñecer. En consecuencia, Industria (o órgano substantivo) debería rexeitar…
Augas de Galiza confirma a contaminación de todos os ríos arredor da mina de Touro-O Pino
En resposta a unha solicitude de información ambiental cursada por ADEGA o 9 de abril e dirixida a Augas de Galiza, solicitando coñecer as analíticas de augas realizadas nos puntos de control de vertidos, de aforo, de calidade das augas, captacións etc. na contorna da antiga mina de Touro, Augas de Galiza respostou achegando numerosos…
Aberto o prazo para solicitar composteiros domésticos para as vivendas de Figueiras e Grixoa en Compostela
A condición para participar é ter unha horta ou xardín onde instalar o composteiro, comprometerse a asistir a un curso e facilitar as visitas porta a porta para resolver dúbidas e observar o correcto funcionamento do proceso durante os 7-8 primeiros meses. Esta é unha razón pola que se fai o reparto de composteiros por…
Denegada a autorización ambiental para o macrovertedoiro de Lousame
A Xunta vén de denegar a autorización ambiental do macro-vertedoiro de Lousame, unha instalación para soterrar 1 millón de ton. de residuos ás portas da ría de Noia. A D. X. de Calidade Ambiental e Cambio Climático rexeita o proxecto por “causar efectos negativos significativos sobre o medio ambiente”, “contradicir o principio de promover a…