Tres fraudulentos parques eólicos ameazan flora endémica en perigo de extinción

Greenalia Power (antes Kakekias Eólica) presentou 3 proxectos de parques eólicos (Campelo, Bustelo e Monte Toural) de 42, 46,2 e 21 MW respeitivamente, nunha mesma área xeográfica arredor do Monte Castelo e a lagoa de Alcaián, nos concellos de Coristanco, Santa Comba, Carballo e Tordoia.

Endemismos galegos únicos no mundo, en perigo

As instalacións destes tres parques eólicos no seu conxunto (muíños, pistas, gabias, liñas de evacuación eléctrica, estacións de transformación, etc.) ameazan a conservación de especies tan sensibles como a Centaure ultreiae Silva Pando. Esta planta é un endemismo galego cuxa poboiación mundial total está composta por 6.821 individuos distribuídos en dúas cuadrículas de 10×10 km arredor do Monte Castelo e a lagos de Alcaián.

A Centaurea ultreiae está considerada como “en perigo crítico de extinción” no Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España, e catalogada tamén como “en perigo de extinción” no Catálogo galego de especies ameazadas (Decreto 88/2007 do 19 de abril). Precisamente nesta área, sobre un raro substrato ultrabásico plagado de endemismos e especies pouco frecuentes, é sobre a que se pretenden desenvolver estes aproveitamentos eólicos. Dase a circunstancia de que a Lagoa de Alcaián foi proposta tanto polo bipartito (2008) como polo PP (2011) para formar parte da Rede Natura 2000 polos seus excepcionais valores ecolóxicos e a rareza das especies presentes, entre as que tamén se atopan outras especies endémicas en perigo de extinción e/ou vulnerables como a Lycopediella inundata, a Euphorbia uliginosa, a Centaurea ultreiae ou a Spiranthes aestivalis, que xa sufriron importantes danos nas súas poboacións en novembro do 2016, logo da apertura dun camiño por parte da Consellaría de Medio Rural.

Unha tramitación fraudulenta, consecuencia da “Lei de Depredación”

Os tres parques que teñen o mesmo promotor, coinciden nunha mesma área xeográfica e mesmo partillan infraestruturas: liñas de evacuación e estación transformadora. Son portanto, un mesmo parque eólico despezado en 3, que ao non superar individualmente os 50MW de potencia, serán tramitados pola Xunta.

E o Consello da Xunta, através da Dir. Xeral de Enerxía e Minas, concedeulles en maio pasado aos tres e no mesmo acto administrativo, a declaración “de interese especial”. Esta categoría, recollida na Lei 5/2017 de fomento da implantación de iniciativas empresariais, máis coñecida como “lei de depredación”, implica a tramitación prioritaria e a redución á metade dos prazos de instrución, alén de que automaticamente considérase prevalente a utilidade pública das instalacións sobre calquera outra.

A fragmentación dun mesmo proxecto en varias partes persegue, ademais das vantaxes xa expostas para o promotor, furtar unha avaliación ambiental axeitada ao ingnorar os efectos sinérxicos causados por varias instalacións sobre hábitats, especies, paisaxes, servizos ecosistémicos… Trátase dun recurso fraudulento do que a Xunta é cómplice e que perxudica aos intereses públicos e mesmo aos particulares: fragméntase tamén a posíbel oposición e mérmase a capacidade de negociación dos propietarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s