Brigada deseucaliptizadora en Froxán

O sábado 7 de xullo continúan os traballos dedeseucaliptización (e desta volta tamén desacaciación) na Área Conservada pola Comunidade Veciñal de Froxán, en Lousame. Desta volta centrarémonos na eliminación de rebotes de eucalipto nunha zona de bosque de ribeira na que cortaron eucaliptos e plantaron frondosas no verán e outono do ano pasado. Nesta pequena zona coexisten os hábitats naturais prioritarios 5230* e 91E0* así como o hábitat 9230 e covas con importantes colonias de morcegos de ferradura, unha especie incluída no catálogo galego de especies ameazadas. Na mesma zona observáronse outras especies incluidas no mesmo catálogo, como Dryopteris guanchica, Chioglossa lusitanica, Rana iberica, Schistostega pennata, etc.

Os traballos en Froxán comezarán ás 10 da mañá, mais é imprescindíbel estar no punto de encontro (que será comunicado ás persoas inscritas) ás 9h30 para irmos xuntas á zona da intervención. Para participar nesta acción é imprescindíbel en primeiro lugar estar inscrito como Brigadista (mediante o formulario web: http://verdegaia.org/brigadas/) e ademais indicar o compromiso expreso de acudir á convocatoria de 7 de xullo mediante un correo electrónico a brigadas@verdegaia.org Agradécese que nos notifiquedes se tendes algún requerimento alimentario especial para tentar que no albaroque haxa algo para vós. A data límite para apuntarse é o 2 de xullo para poder organizar ben a comida e demais loxística.

Na parte da tarde, despois da sobremesa, faremos un pequeno roteiro guiado polo monte de Froxán, explicando as intervencións realizadas e proxectadas e colocando algunhas das pedras das madriñas que participaron na campaña de micromecenado coa que se plantaron máis de 3000 árbores nativas depois de eliminar eucalipto: https://www.kukumiku.com/proyectos/amadrina-bosque-autoctono/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s