Este 19 de outubro as entidades que facemos parte da iniciativa “Cousa de Raíces” vimos de presentar no Parlamento unha lei para salvar os nosos bosques do lume e dos eucaliptos. É hora de ver de que lado está cadaquén! EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A pesar da importancia da superficie de monte en Galiza, por volta…
Etiqueta: ADEGA
ADEGA esixe medidas urxentes de restauración nas zonas queimadas e a declaración de zona catastrófica
Perante os graves danos sociais e ambientais causados polos lumes, urxe a declaración de zona catástrófica nos lugares afectados. Deste xeito poderanse dispoñer medidas e axudas para compensar rápidamente as perdas e recuperar o pulso social e económico após os terríbeis incendios que queimaron ducias de vivendas, milleiros de hectáreas de cultivos, pastos, instalacións agrícolas,…
A eucaliptización mata: os lumes máis perigosos inícianse nos despachos
Pesar polas recentes mortes, indignación pola incompetencia da Xunta e orgullo pola actuación da veciñanza Cinismo sen límites: a culpa é de Portugal e de Ofelia Para ADEGA as causas estruturais dos incendios forestais están xa suficientemente diagnosticadas dende hai anos, e as medidas precisas para reducir a súa incidencia son tamén coñecidas. A pregunta…
760 persoas en 49 concellos retiran máis de 10 toneladas de lixo dos ríos galegos
Fomos novamente moitas as persoas as que nos mollamos polos ríos na X Limpeza simultánea. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean…
Encargar a INCA 5 novos proxectos relacionados co Miño é unha ofensa para todos os lucenses
Onte, cando se cumpría o aniversario da segunda paralización das polémicas obras da minicentral da Fábrica da Luz no río Miño en Lugo, adxudicadas a INCA Servicios y Ingeniería SA, vimos de coñecer que o Concello volve adxudicar a esta mesma empresa o desenvolvemento dos cinco primeiros proxectos do programa “Da Muralla ao Miño”, no…
A Xunta certifica o fracaso de SOGAMA abrindo a compostaxe industrial aos concellos
Era visto. Por imperativo legal e tras 20 anos de incineración, a Xunta veuse obrigada a abrir a porta á compostaxe a gran escala permitindo a participación dos concellos no proxecto da nova planta da Areosa e implantando a recollida selectiva. Aínda que de xeito testemuñal e pola porta de atrás, a Xunta vén de…
CERNA contribúe ao debate sobre o eucalipto na súa edición de verán
A proliferación do eucalipto en Galiza volve á primeira plana do debate social. O polémico “Decreto do Eucalipto”, a anunciada renovación do Plan Forestal Galego, a incidencia cada vez máis virulenta dos incendios forestais, a moratoria a novas plantacións en Portugal ou a fatídica catástrofe incendiaria no país veciño, fixeron reavivar as críticas sociais sobre…
A explotación mineira rexeitada polo franquismo en Mesía podería ser autorizada pola Xunta
A intención de ERIMSA, empresa norueguesa de capital chinés, de explotar o seixo en Xanceda (Mesía) é incompatíbel co actual aproveitamento agrogandeiro, con moitas explotacións en ecolóxico, nunha comarca sobranceira para o agro galego. A empresa pretende a concesión da explotación derivada do permiso de investigación “Xanceda 7138” de 761 hectáreas en Mesía, parte dunha…
Datos, non manipulacións: a incidencia do lume nos eucaliptais é máis do triplo que nas frondosas autóctonas
Perante a evidencia de que a masiva coberteira de eucaliptos agravou o lume en Pedrógão, ENCE apurouse en demostrar con “datos, non opinións” que o eucalipto pouco ten a ver cos incendios na Galiza. Excusatio non petita… A seguir das declaracións do Dir. Xeral de Montes da Xunta que non vía relación entre os recentes…
Feijóo apóntase á loita contra o cambio climático, logo de ter lexislado para favorecelo (Artigo de opinión de Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA)
Logo de décadas de negar o evidente, a reconversión dalgúns políticos en paladíns da loita contra a mudanza climática non deixa de sorprender. Esquecidas xa as receitas do “primo” de Rajoy, agora toca apontarse á “descarbonización” co entusiasmo propio dos novos conversos… Mágoa que para o planeta talvez sexa tarde, e só poidamos aspirar a…
A Xunta tapa ollos e orellas fronte ás denuncias por plantacións ilegais de eucaliptos
O Dir. Xeral de Montes (Ordenación Forestal) Tomás Fernández Couto vén de afirmar, encol dos tráxicos lumes de Portugal, que de cumprirse as leis na Galiza sería difícil ver incendios como o de Pedrógão Grande. Talvez refírese a esas mesmas normas que como a Lei de Montes ou a Lei de Patrimonio, a Xunta adoita…
Consellos para celebrar o Lume Novo sen queimar o ambiente
Alén de instar á veciñanza, comisións de festas e concellos para que teñan previsto medidas de seguridade nas cacharelas, coidando que a súa ubicación non xere riscos para as persoas e impactos no medio, non é menos importante ter en conta a enorme cantidade de refugallos que se produce esta noite, que con frecuencia rematan…