CERNA contribúe ao debate sobre o eucalipto na súa edición de verán

A proliferación do eucalipto en Galiza volve á primeira plana do debate social. O polémico “Decreto do Eucalipto”, a anunciada renovación do Plan Forestal Galego, a incidencia cada vez máis virulenta dos incendios forestais, a moratoria a novas plantacións en Portugal ou a fatídica catástrofe incendiaria no país veciño, fixeron reavivar as críticas sociais sobre a actual política forestal galega. Por iso neste novo número da revista CERNA propoñemos a reflexión arredor desta cuestión.

En CERNA 77 coñecemos a reflexión que fai a rede “Cousa de Raíces” na que se reúnen máis de 60 entidades e colectivos decididos a defender o bosque autóctono e o aproveitamento multifuncional do monte. Tamén amosamos as propostas de actuación que lanza o Colectivo A Rula para protexer dos lumes o patrimonio asentado nos montes. ADEGA revela os resultados das denuncias contra plantacións ilegais de eucalipto na provincia de Lugo e investigadores da Universidade de Vigo dan conta do estudo que demostra como a especie australiana altera de forma significativa a biodiversidade das cabeceiras dos ríos galegos.

Doutra banda, un artigo de Adela Figueroa resume a longa loita de ADEGA para acadar a declaración da Cova Eirós de Triacastela como BIC (Ben de Interese Cultural). Para o lobo, que protagoniza o capítulo de biodiversidade, ADEGA propón medidas que eviten o conflito social e permitan a conservación xenética da especie, e CERNA dá cabida ás propostas dos voceiros das forzas políticas presentes no Parlamento Galego. O outro animal protagonista desta edición, o voitre, semella ter nos últimos anos unha maior presenza no noso territorio. Nesta publicación, resolvemos a incógnita.

No eido do lixo, concellos como o de Allariz ou de Cerdedo explícannos con cifras as vantaxes económicas, sociais e ambientais da compostaxe dos residuos orgánicos. Achegámonos tamén aos diversos formatos de “crimes de auga” e á nova proposta de rede ciclable para a cidade de Vigo.  Por último, abordamos a traxectoria histórica da CEMMA, a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños, cando se cumpren 25 anos da súa creación, así como a situación actual do ecoloxismo galego con Ramón Varela Díaz, ex-presidente de ADEGA e Premio Osíxeno de Honra 2016.

Ligazóns

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s