ADEGA denuncia na Fiscalía a Xunta e as eléctricas polo baleirado dos encoros

ADEGA vén de trasladar á Fiscalía delegada de medio ambiente do TSXG unha denuncia para que investigue o proceder da Xunta e das concesionarias dos aproveitamentos hidroeléctricos cuxos encoros sofriron recentemente un brusco decenso de caudal. Nos pasados meses de xullo e agosto, varios encoros para aproveitamento hidroeléctrico na bacía hidrográfica Miño-Sil ficaron con níveis…

ADEGA Lugo presenta as Xornadas ambientais de verán “Os catro elementos”

A cidade de Lugo acollerá un ano máis as xornadas de verán “Os catro elementos”, na que a través de andainas recoñeceremos a vexetación característica da zona de Bosende, as constelacións protagonistas do ceo nas noites de verán, as aves que habitan nos ceos da cidade e faremos un percorrido polas zonas de baño históricas…

Fragas do Eume: recurtando a Rede Natura para facer sitio ao negocio eólico

O parque eólico Pena do Corvo, ás portas das Fragas do Eume, pretende situarse nunha área de ampliación da RN2000 que Feijóo ten conxelada dende 2011. Non sorprende que sexa de Iberdrola… Este proxecto eólico, un da ducia longa (e contando) que ameazan a comarca do Eume-Ortegal, ten unha especial significación por situarse a escasos…

Unha plantación de eucaliptos dana gravemente un castro en Alfoz mal catalogado

ADEGA e Mariña Patrimonio presentaron denuncia perante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural  por mor dos posibles danos ocasionados no xacemento arqueolóxico do Castro da Croa de Montoxo (Alfoz – Lugo), durante a realización de traballos forestais de corta e replantación de eucaliptos. Ao visitaren o xacemento, ADEGA e Mariña Patrimonio comprobaron que se abriran…

Eólica mariña: outra volta o carro diante dos bois

Xa están en tramitación dous parques eólicos (Iberdrola) fronte á costa galega, mesmo denantes de existir unha planificación do sector enerxético no mar. Nen sequera agardaron á aprobación do POEM (Plano de Ordenamento do Espazo Mariño) que nestes intres tramita o Ministerio, e que aliás da enerxía atinxe a outras moitas actividades e usos que…

ADEGA pide a caducidade dunha megacentral de bombeo de FENOSA na Limia

En 2017 o Estado emitiu declaración favorábel ao proxecto de GN-FENOSA (hoxe Naturgy) de unir os encoros das Cunchas e Salas mediante unha central de bombeo en caverna. Pasados 4 anos sen realizar o proxecto, a empresa pide prorrogar a Declaración de Impacto Ambiental. Eis as razóns polas que ADEGA se opón: Unir os encoros…