ADEGA Lugo presenta as Xornadas ambientais de verán “Os catro elementos”

A cidade de Lugo acollerá un ano máis as xornadas de verán “Os catro elementos”, na que a través de andainas recoñeceremos a vexetación característica da zona de Bosende, as constelacións protagonistas do ceo nas noites de verán, as aves que habitan nos ceos da cidade e faremos un percorrido polas zonas de baño históricas da cidadanía de Lugo no río Miño. 


O calendario de actividades proposto é:

TERRÍCOLAS: Os froitos da terra (Xoves 29 de xullo ás 17h)
Antonio Rigueiro, catedrático profesor da USC guiaranos desta andaina identificativa da vexetación na zona máis descoñecida do Paseo do Rato, e Bosende. Dende o Centro de cestería percorreremos as carballeiras do Rato, e chegaremos ata o núcleo de Bosende, ata chegar ao Centro de Interpretación Terras do Miño. A lonxitude deste traxecto é de aproximadamente 3Km. A andaina non é circular. Recoméndase levar guías de identificación de árbores, plantas e aves, ademais de prismáticos. 

ESTRELAS: Brilar con luz propia (Madrugada do sábado ao domingo 15 de agosto á 1h)
Fins Eirexas, secretario técnico de ADEGA guiaranos no recoñecemento das estrelas e constelacións do ceo lucense, coincidindo co tempo das Perseidas. 

AVES: Sostidas no ar. (Domingo 22 de agosto ás 10h)
Roi Cuba, presidente de ADEGA, acompañaranos nesta andaina na que poderemos avistar as aves máis características da cidade de Lugo, para o que recomendamos traer guías de aves e prismáticos. 

AUGA: Lecer e vida (Pendente de data)
Percorreremos un treito do Río miño na procura das zonas de baño históricas que dende moitos anos, a cidadanía de Lugo empregou para achegarse ao río.    

Reserva a túa praza!

Todas as actividades son de balde e con prazas limitadas, polo que é preciso inscribirse chamando ao 982240299 (en horario de mañá, agás os mércores de tarde) ou escribindo a adegalugo@adega.gal indicando nome, apelidos, DI e teléfono de contacto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: