ecentemente o Parlamento Galego, cos votos do PP e o BNG, ten solicitado ao Goberno a retirada do artigo 18 da lei de cambio climático e transición ecolóxica, que se atopa en tramitación, e que segundo se ten feito público preténdese aprobar no primeiro trimestre de 2021. Refírese este artigo, ao prazo máximo de duración…
Etiqueta: APDR
Denunciamos as continuas molestias polo excesivo ruído en ENCE
Desde a APDR, ante as novas queixas feitas públicas nos últimos días por persoas que residen na contorna da fábrica de Ence, nas que inciden nas molestias que de maneira continuada -e desde xaneiro de 2019- vén provocando o ruído producido por esta instalación industrial, e que afectan ao seu descanso e à súa calidade…
A APDR esixe que se elimine o impacto do emisario nas augas da Ría e na contorna da Illa de Tambo
O pasado xoves día 12, e mediante videoconferencia, tivo lugar un novo encontro da Comisión de Seguimento da Illa de Tambo. Nela, o Concello de Poio compartiu as novas xestións levadas adiante para acadar a titularidade da Illa de Tambo, tan ansiada polos veciños e veciñas da comarca, especialmente de Poio. Asumir a titularidade da…
Inaceptábel solicitude de prórroga de ELNOSA para o desmantelamento!
Cando en decembro de 2018 o Ministerio de Transición Ecolóxica declaraba a caducidade total da concesión dos terreos de Dominio Público Marítimo-terrestre ocupados pola planta electroquímica ELNOSA en Lourizán, ordenaba ao Servizo de Costas en Pontevedra a levantar acta de reversión destes terreos e, ao tempo, ordenar á empresa o levantamento de todas as instalacións…
A APDR denuncia un vertedoiro incontrolado en Mollavao
Xai xa tempo que se vén amoreando lixo, móbeis vellos, madeira, colchóns, persianas, plásticos, e moitos outros obxectos e desperdicios nun espazo de Mollavao existente ao pe do camiño que comunica a estrada PO-546 (no Qm 0,59) co espazo que vén sendo utilizado para a instalación dos circos, nas proximidades da autovía Pontevedra-Marín. E cónstanos…
Feijóo segue a representar os intereses de ENCE no parlamento galego
A referencia á empresa ENCE que o Presidente Feijóo fixo no seu discurso durante o debate de investidura no Parlamento galego, non pode deixar indiferente a ninguén; con efecto, e aínda que estamos afeitos a escoitar barbaridades por parte do PP -e do propio Feijóo- na súa impresentábel defensa desta empresa, condenada por delito ecolóxico,…
Novo revés de ENCE nos tribunais de xustiza
Empresa ENCE e os seus Comités de empresa, veñen de sufrir un novo revés nos Tribunais de Xustiza. Desta volta, trátase da “NON ACEPTACIÓN A TRÁMITE” pola Sala Primeira da Audiencia Nacional dun escrito presentado pola empresa o pasado día 4 de xuño. A pretensión do escrito era facer valer diante da Audiencia Nacional dous…
A APDR resposta ás declaracións de ENCE sobre o uso de aceites
empresa ENCE vén de dar resposta á nosa denuncia pública na que -con datos facilitados por fontes de absoluta fiabilidade na man- afirmamos con rotundidade que desde hai cando menos 5 anos a fábrica de Pontevedra está a queimar aceites usados “pretratados”. Sostén ENCE na súa nota de prensa que cumpre “escrupulosamente toda a regulación…
ENCE: Tocado “Destroyer”
Cando nos tempos mozos xogabamos aos “barcos”, tocar a un “destroyer” era antesala do seu mais que seguro afundimento; e esa foi a sensación que tiven hoxe cando vin que -máis unha vez- tiñamos “tocado ao destrutor” da Ría na súa liña de flotación. O barco de ENCE, a pesar dos seus apoios políticos na…
Todo pola pasta! Carta aberta á Núñez Feijóo e Rueda Crespo.
Vaia por diante que aínda que a personalizo en Vdes. dous, esta carta pódese facer extensiva á inmensa maior parte das persoas que dirixen o partido que Vdes. representan. Se o fago así, e tan só porque ambos os dous teñen protagonizado nestas datas últimas declaracións ou actuacións que perseguen, coma único fin, a defensa…
Entrevista da APDR coa Directora Xeral de Costas
Na mañá de este xoves, día 18 de xuño, membros da Xunta Directiva da “Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) mantivemos unha entrevista por videoconferencia coa “Directora General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar”, Ana Oñoro, para tratar asuntos en relación coa situación de ENCE-Pontevedra en dominio público marítimo-terrestre. Na amentada…
A APDR denuncia novas obras nas instalacións de ENCE
Días pasados puidemos comprobar que no recinto industrial de ENCE en Lourizán, nunha franxa de terreo existente entre a zona ocupada polas novas instalacións de depuración da fábrica e a antiga planta de decantación de sólidos, nas proximidades do perímetro exterior que linda coa estrada Pontevedra-Marín, estanse a facer unhas obras para as que descoñecemos…