Este venres 5 de xuño, Dia Mundial do Medio Ambiente, ás 20:30h saímos á rúa cunha concentración na Praza da Ferreiría cos lemas: ENCE fóra da ría, voltemos con xustiza ambiental e social. A APDR artellou en Pontevedra a convocatoria do Movemento Galego Polo Clima, coordinada a nivel estatal coas plataformas 2020 Rebelión polo Clima…
Etiqueta: APDR
Relativizamos o alcance do fallo sobre a caducidade de ENCE
Fronte á actitude triunfalista que adopta a empresa ENCE á hora de interpretar o fallo da Audiencia Nacional de desestimar o recurso presentado pola Asociación Pola Defensa da Ría contra a decisión do Ministerio de Medio Ambiente de declarar a caducidade parcial da concesión da fábrica de pasta de papel de Lourizán, a APDR quere…
A “APDR” mostra o seu desacordo coas conclusións do Seprona sobre a mortaldade de peixes na ría
Diante da nota emitida polo SEPRONA en relación coa aparición de peixes mortos na nosa Ría, recollida polos medios de comunicación onte e na que se achaca esta mortaldade case con total seguridade a “causas naturais”, citando como máis probábel a “baixada da salinidade das augas do Lérez polas intensas chuvias que se teñen producido…
Mortaldade de peixes na Ría de Pontevedra. Quen é o responsábel?
Dende o 1 de maio de 2020 comezamos a atopar peixes mortos de orixe marino en distintos puntos da Ría de Pontevedra que chegaron ata o río Lerez. Nesta páxina iremos actualizando a información, ver (máis abaixo) a nota de prensa, e os vídeos e fotos recibidas. Seguimos indagando. Se podes aportar algunha información ou…
ENCE segue a agochar os seus escapes!
Na Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) temos recibido ao longo destas últimas datas multitude de chamadas que desde diferentes zonas da capital e, principalmente, desde a parroquia de Lourizán, denunciaban os cheiros nauseabundos -e mesmo nalgún caso as dificultades para respirar- unha situación que sen dúbida tiña a súa orixe na fábrica…
ENCE-Pontevedra, unha fábrica insolidaria.
En plena crise provocada pola presenza do coroavirus COVID-19, que pon en xaque a saúde do conxunto da poboación e que obrigou ao goberno do estado a adoptar medidas moi drásticas que inclúen o actual “estado de alarma” e, xa que logo, o peche de toda aquela actividade industrial e comercial que non sexa estritamente…
A APDR entrevistouse co Xefe do Servizo de Costas en Pontevedra
O pasado venres 21 de febreiro, unha representación da Asociación Pola Defensa da Ría (APDR), mantivo unha reunión co Xefe do Servizo de Costas en Pontevedra, Enrique Fernández, para recabar información sobre o procedemento de reversión ao dominio público dos terreos que ocupou ELNOSA unha vez decretada a caducidade da súa concesión en Lourizán, e…
APDR oponse ao almacenamento de cinzas de carbón no porto de Marín
A “Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra” vén de presentar alegacións no trámite de avaliación de impacto ambiental do proxecto para o almacenamento de “cinzas voantes de carbón” no porto de Marín, un proxecto promovido por Cementos Cosmos S.A. Para a APDR, a instalación proposta non ten cabida no porto de Marín por non…
A APDR presenta alegacións á consulta previa á Lei de Avaliación Ambiental de Galicia
A “Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra” (APDR), vén de presentar alegacións á consulta pública previa á LEI DE AVALIACIÓN AMBIENTAL DE GALICIA, consulta feita desde a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e que agardamos non supoña a eliminación da posterior fase de exposición pública do proxecto de…
A APDR amosa a súa satisfacción polo trunfo social contra a mina de Touro-O Pino
Máis unha vez, a loita organizada da cidadanía tense demostrado fundamental na consecución dun obxectivo social na nosa terra; con efecto, e como no conflito pola reapertura do servizo de pediatría no Hospital de Verín, a Xunta de Galicia veuse na obriga de rexeitar o proxecto de reapertura da Mina de Touro-O Pino, recuando nas…
Valoración da APDR do acordo entre BNG e PSOE no tema de ENCE
Diante do acordo establecido o pasado 3 de xaneiro entre o BNG e o PSOE no marco do proceso de investidura do Presidente Sánchez, a Xunta Directiva da Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) quere facer pública a súa valoración verbo do recollido no amentado acordo respecto ás medidas contempladas para afrontar o saneamento…
Carta aberta a Agustín Nogueira
Sr. Nogueira, veño de ler o seu escrito “ENCE… y sr Masa” publicado o pasado día 15 nalgún medio de comunicación e debo recoñecer que -deixando de lado o seu dubidoso estilo e calidade literaria- tenme sorprendido; sorpréndeme a profundidade e sutileza do título, pero sorpréndenme máis algunha das afirmacións que verte no seu texto.Sorpréndeme,…