Este ano as Brigadas voltan a xuntarse en Froxán (Lousame), para a tradicional “Roga de San Silvestre”, na que poderedes graxear e poñervos en forma restaurando o bosque nativo. Este ano a contraprogramación festiva fai que non puidésemos marcar a convocatoria en fin de semana, máis agardamos que moitas de vós aínda vos acheguedes o martes 27 de decembro,…
Etiqueta: VERDEGAIA
26 de Novembro: Mondariz-Balneario Brigadista
Anótate até o xoves 23 de Novembro! En Mondariz-Balneario queremos seguir botándonos ao monte. Na roga do sábado 26 de novembro actuaremos sobre unha parcela de titularidade pública moi afectada polas vagas de incendios. No 2018 fixéramos unha primeira plantación por sementeira con crianzas e familias da vila. Cos anos toxo, xestas, mimosas, eucaliptos e silveiras invadiron de…
Verde entre o negro: crónica dun encontro no Courel
Arredor dunhas vinte persoas xuntámonos o pasado sábado 22 de outubro en Froxán (Folgoso do Courel), na antiga taberna da Píntega. Houbo representación da comunidade de montes da propia aldea, ademais das de Vilamor e de Parada dos Montes. Tamén veciñas e veciños e persoas vinculadas dalgún modo ao Courel, así como socias e socios de Senda Nova, APDR, ADEGA e Verdegaia, colectivos que facemos parte da Federación Ecoloxista…
As brigadas deseucaliptizadoras voltan ao Ribeiro o sábado 12 de Novembro
Pasada a vendima e governadas as bodegas, a Asociación Veciñal de Lentille convoca as brigadistas para lle arrearmos outra poderosa trabada ao asedio das mimosas na súa aldea. Desta volta concentraremos os esforzos en erradicarmos pequenos focos de invasión dentro da aldea e liberarmos camiños e sendeiros veciñais e as súas marxes. Separaremos ramallada para a sua…
A morte de 50.000 visóns nunha granxa evidencia como os animais seguen sendo considerados mercadorías
O brote detectado nunha granxa de visións en Carral afecta a un pequeno número de individuos pero a Administración opta pola vía fácil: sacrificar a todos os animais. Aínda que de un punto de vista técnico e financeiro se poida entender a decisión, o certo é que implica matar milleiros de animais sans pola simple…
23 de Outubro: deseucaliptizamos en Vila da Cova (Lousame)
As Brigadas voltan a deseucaliptizar o próximo domingo 23 de outubro na Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vila Cova, en Lousame. A roga estará centrada na eliminación de rebrotes de eucalipto nunha zona de varias hectáreas nas que a Comunidade suprimiu os eucaliptos existentes. No inverno, darase continuidade aos traballos cunha plantación de frondosas. O punto…
Vigo expulsado do pacto das alcaldías polo seu nulo compromiso na loita contra o cambio climático
Vigo polo Clima, plataforma que agrupa organizacións ecoloxistas e colectivos veciñais da cidade inseridas no Movemento Galego polo Clima, denuncia o lavado de cara verde co que o goberno municipal de Vigo leva anos enganando a cidadanía viguesa. A plataforma climática viguesa sinala que así como outras cidades e vilas galegas están a cumprir os…
23S 2022, Movilizacións mundiais polo clima
Promete ser un outuno quente de mobilizacións polo clima. Despois do verán máis quente, os incendios máis grandes, as grandes inundacións, secas, e migracións provocadas por condicións climáticas que cada vez fan máis difícil a vida. Acábansenos os adxectivos para definir o que cada vez serán piores condicións para a vida humana no planeta (e…
2º Encontro transfronteirizo “Vémo-nos no monte” en Meira (Moaña)
Logo do éxito do primeiro encontro transfronteirizo do proxecto “Vemo-nos no monte!” organizado este verán na Serra da Estrela en Portugal, nos días 7, 8 e 9 de outubro serán as brigadistas voluntarias de Portugal as que nos visitarán para unha fin de semana de accións de eliminación de especies exóticas invasoras, formación e convivio en Moaña….
Os espectáculos motorizados son un claro exemplo de contaminación e de conductas incívicas ao volante
As mesmas administracións que solicitan á poboación un esforzo para aforrar enerxía subvencionan espectáculos que supoñen unha inxente e innecesaria queima de combustíbeis fósiles Espectáculos como o desta fin de semana pasado no IFEVI ou a proba de rallye programada para finais de mes en Vigo estarían prohibidos nunha sociedade concienciada coa contaminación e a…
Verdegaia leva o caso da mina de San Finx á ONU
Verdegaia denuncia ante o Comité de Cumprimento da Convención de Aarhus a vulneración do dereito de acceso á xustiza en materia de medio ambiente Expoñemos ante a ONU o “círculo de impunidade” xudicial creado por volta de todo o que acontece nesta mina e dos altos cargos que o permiten Verdegaia ven de presentar esta…
Contra o lume deseucaliptiza con Verdegaia e Montescola o vindeiro 7 de agosto en Froxán
No domingo 7 de agosto continuaremos coa deseucaliptización nunha nova zona de intervención en Froxán (Lousame), ao longo do rego da Abelleira, en parcelas con acordos de custodia do territorio coa Fundación Montescola, nas que no próximo inverno plantaremos árbores nativas. Será unha convocatoria moi especial, pois teremos conosco ás compas chilenas Verónica González e Nicolás Salazar, que dirixiron o recentemente lanzado…