Acto fronte o Parlamento

Verdegaia vén de realizar un acto onte xunto co resto de colectivos da Coordinación Palestina.gal, no que fixemos entrega dunha carta para os grupos do parlamento Galego, para instar a que tomen medidas contra o plan de anexión dos territorios ocupados de Cisxordania que promove o Estado de Israel co apio do goberno de Trump,... Seguir lendo →

Uso masivo de luvas de plástico

As actuais circunstancias excepcionais obrígannos a adoptar novos procedementos como o uso de luvas para manipular froitas e verduras nos comercios de alimentación que só teñan autoservizo nestas seccións. Tal como puidemos verificar, en moitos casos a clientela non xestiona as luvas utilizadas de modo adecuado, xa sexa por despiste ou por descoñecemento de que... Seguir lendo →

Esta semana desacaciamos no Hío!

A Comunidade de Montes Veciñais do Hío (Cangas) convoca a súa primeira intervención en colaboración coas Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia o sábado 7 de marzo. Imos arrincar e descascar acacias na zona dunar de Nerga, no LIC Costa da Vela, un traballo que dividiremos en grupos nas que unhas arrancarán novas prantas e outras serán... Seguir lendo →

En marzo… plantamos en Coruxo o 1 e desacaciamos no Hío o 7

O domingo 1 de marzo achegarémonos novamente ás ribeiras do regato do Pontón, coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Coruxo, que desenvolve unha intensa actividade de restauración ambiental do seu territorio. Agora que a invasión de eucaliptos -que cubrían inicialmente este lugar- está a ser controlada, continuaremos o labor de recuperación coa plantación de diversas especies de árbores... Seguir lendo →

Nova desfeita nas gándaras de Budinho

A Cámara Municipal do Porrinho começou a talar o Habitat Prioritário “bosque aluvial de amieiros”* do espaço natural das Gándaras de Budinho e Ribeiras do Louro para posteriormente aterrar o lugar. A Conselharia do Ambiente deixa fazer a pesar das terras afetadas estaren incluídas no Plano de Recuperaçom do sapoconcho comum (Emys orbicularis), catalogado Em... Seguir lendo →

15-F Plantación de frondosas en Froxán

As Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia voltan á carga o próximo día 15 de febreiro na Área Conservada pola Comunidade Veciñal de Froxán (Lousame), plantando frondosas nativas (carballos, bidueiros, castiñeiros, nogueiras, aveleiras, etc.) nas zonas deseucaliptizadas en 2019. Parte dos traballos realizaranse na contorna da turbeira de Campo de Lamas seguindo un plan de xestión e recuperación ambiental... Seguir lendo →

9-F Deseucaliptizamos Darbo (Cangas)

A Comunidade de Montes Veciñais de Darbo (Cangas), en colaboración coas Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia, convocan a primeira brigada deseucaliptizadora no Morrazo o domingo 9 de febreiro . Que faremos? Imos arrincar brotes de eucaliptos nos montes de San Roque, tras a corta feita no ano 2018; algúns pódense arrincar a man directamente e para... Seguir lendo →

O xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, recoñece ante os medios que se están vulnerando os termos da autorización de vertidos para a EDAR de Ribeira

En declaracións feitas a El Correo Gallego, o xerente de Augas de Galicia indicou que “es mejor que los alivios industriales vayan a la depuradora que se viertan directamente al mar”. Con estas palabras, Gonzalo Mosqueira vén recoñecer que está de acordo coa decisión de desviar á rede de colectores urbanos os vertidos industriais. Interior... Seguir lendo →

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑