O 26 de outubro, e en datas posteriores, diversos colectivos ambientais e agrarios denunciamos ante Augas de Galicia a existencia de verteduras desde o “Grupo Mineiro Santa Comba”, consistente en achiques de augas residuais industriais de mina procedentes das plantas inundadas do referido grupo mineiro. Tales achiques eran vertidos desde unha serie de balsas de... Seguir lendo →
Reforma administrativa da Xunta: unha nova ferramenta para eludir os trámites ambientais
Segundo declaracións á prensa do Conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, o goberno do PP na Xunta pretende implantar, antes de fin de ano, unha reforma administrativa de cara a axilizar a tramitación dos grandes proxectos empresariais. Quere, ademais, que o financiamento desta reforma veña en boa medida dos fondos europeos destinados a paliar os efectos... Seguir lendo →
Lanzamento d’O libro do clima
Verdegaia organiza, coa participación de Nais polo Clima, a presentación d’O Libro do Clima publicado por Catro Ventos editora que se realizará o xoves 24 de setembro ás 20h. por streaming. A presentación está vinculada ás actividades que, polo 25 de setembro, se realizan a nivel mundial para demandar accións globais contra o cambio climático.... Seguir lendo →
Os partidos teñen que dar exemplo na xestión de residuos e non poden participar na lacra que supón o abandono de lixo
Máis de un mes despois da celebración das eleccións ao Parlamento de Galicia, seguimos encontrando propaganda dos partidos marquesiñas e farolas. Son carteis que pouco a pouco van perdendo o pegamento que os suxeita ata que o vento os leve á pola dunha árbore ou ao leito de dun río. Pero o legado da campaña... Seguir lendo →
Mortalidade de peixes no río dos Muíños (Barbadás)
Durante a semana pasada produciuse un episodio de gran mortalidade de peixes no río dos Muíños, situado no concello de Barbadás (Ourense). Todo parece indicar que esta situación ten a súa orixe nalgún tipo de vertido incontrolado. Verdegaia vén de presentar denuncia dos feitos ante o SEPRONA. Cónstanos que non é a primeira vez que... Seguir lendo →
Verdegaia solicita a Costas unha solución para o estado do regato de Listres, en Ribeira
Verdegaia vén de enviar un escrito á Demarcación de Costas, solicitando unha solución para o estado no que se atopa o regato de Listres, entre Castiñeiras e Aguiño (concello de Ribeira). O regato, que é estacional (no verán con frecuencia baixa seco) e presenta desembocadura de curso variable, desembocaba anteriormente na praia despois de facer... Seguir lendo →
A Xunta usa os seus letrados para defender funcionarios e cargos imputados por mentir en relación ás minas de San Finx
Verdegaia ven de coñecer que será o Letrado da Xunta de Galicia quen exerza a defensa dos funcionarios e cargos públicos imputados en relación coa súa actuación na explotación de estaño e volframio de San Finx, en Lousame. Logo de coñecer un auto do Xulgado de Noia, que investiga presuntos delitos de falsedade en documento... Seguir lendo →
Pechou a central de carbón de Meirama!
A central de carbón de Meirama, propiedade de Naturgy (antes Gas Natural Fenosa) deixou de operar onte, 30 de xuño. A plataforma “Galiza, un futuro sen carbón”, da que fai parte Verdegaia, celébrao como un importante logro na loita contra a emerxencia climática global. Xunto coa central de Meirama, situada no concello coruñés de Cerceda,... Seguir lendo →
21 de xuño: Voltan as Brigadas!
Finalizado o estado de alarma, está na hora de que as Brigadas voltemos ao monte. Convócannos para acudir á Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) este DOMINGO 21 DE XUÑO, Solsticio de Verán, para unha deseucaliptización en toda regra, na que tumbaremos e retiraremos os pés de eucalipto que están a invadir unha zona de carballeira e bosque... Seguir lendo →
A Xunta prolonga o exterminio das rulas
No Diario Oficial de Galicia de hoxe aparece publicada a orden de vedas para a próxima tempada de caza mediante resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Nela vólvese a autorizar a caza da rula na media veda no espazo natural protexido de A Limia, desatendendo así as numerosas demandas dos cidadáns e das entidades... Seguir lendo →
Verdegaia ante a proposta dos Plans Piloto antiincendios da Consellaría de Medio Rural.
Enterados pola prensa (https://www.europapress.es/galicia/agro-00246/noticia-planes-piloto-antincendios-cuatro-distritos-forestales-impulsaran-actuaciones-zonas-abandono-20200521120435.html) do Plan Piloto da Consellaría de Medio Rural que contempla a corta de millares de árbores e a queima “controlada” de millares de hectáreas de superficie forestal, a Asociación Ecoloxista Verdegaia quere manifestar o seu descontento com estas prácticas que non levan máis que a perpetuar un sistema de “loita anti... Seguir lendo →
Acto fronte o Parlamento
Verdegaia vén de realizar un acto onte xunto co resto de colectivos da Coordinación Palestina.gal, no que fixemos entrega dunha carta para os grupos do parlamento Galego, para instar a que tomen medidas contra o plan de anexión dos territorios ocupados de Cisxordania que promove o Estado de Israel co apio do goberno de Trump,... Seguir lendo →