En novembro, brigada dobre: o sábado día 20 en Lentille (O Ribeiro) e o domingo día 28 en Froxán (Lousame). Ambas imperdíbeis! Vémonos no monte! LENTILLE, 20N #BrigadasDesacaciadoras A Asociación Veciñal de Lentille ven de convocar de novo as Brigadas (Desacaciadoras, neste caso) para colaborar no esforzo contínuo por facer recuar a masa de mimosas do perímetro da aldea e reforestar con…
Etiqueta: VERDEGAIA
9-0 Desacación en Lentille (Ribeiro)
Quedaran atrás os rigores do verao no Ribeiro e, coa vendima rematada e o viño na bodega, da Asociación Veciñal de Lentille veñen convocar máis outra vez ás Brigadas (Desacaciadoras, neste caso) para colaborar no esforzo continuo por facer recuar a masa de mimosas do perímetro da aldea e reforestar con frondosas autóctonas. A convocatoria…
Verdegaia alega un proxecto de 12.000.000 € co que a Xunta quere desdobrar un treito de 2,1 km na PO-552
Verdegaia vén de presentar alegacións ao proxecto PO/17/161.01.1, que é parte da construción da Vía de alta capacidade (VAC) entre A Guarda e Tui, que consiste basicamente no desdobramento dun treito de 2,1 quilómetros da PO-552 entre as parroquias de Goián e Estás no concello de Tomiño. Verdegaia rexeita este proxecto por considerar que: 1….
Verdegaia alega a construción do megaparque eólico de Meirama que afecta os concellos de Cerceda, Carral e Ordes
Continúa a tramitación indiscriminada de megapaques eólicos por todo o país contra a que Verdegaia ten participado para contribuír a parar esta desfeita ambiental e social que busca encher a nosa terra de muíños eólicos sen repectar a terra, a natureza e as persoas que viven nas áreas afectadas: #EólicaAsíNon. Participamos na organización da manifestación…
Froxán: deseucaliptiza conosco o 21 de agosto
O SÁBADO 21 de AGOSTO as Brigadas voltan á Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) para avanzar nunha nova frente tombando e descascando eucaliptos ao pé do regueiro da Costa. No final faremos foto de familia e pedímosvos que, se as tedes, traiades as vosas camisolas brigadistas. Se aínda non tes a túa, avisade da talla con antelación (xa non…
Froxán Roga o 3 de Xullo: Recuperación do Bosque autóctono
O SÁBADO 3 de XULLO as Brigadas retoman os traballos de consolidación do bosque nativo na contorna da Casa da Susana, onde crianzas e familias plantaran en 2017 centos de árbores, na Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame). A roga comezará ás 9:30 da mañá para evitar as horas de calor. Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un…
Froxán: a roga continúa o 19 de xuño
O SÁBADO 19 de XUÑO as Brigadas voltan á Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) para unha xornada de consolidación de traballos de deseucaliptización de convocatorias anteriores xunto con traballos de recuperación do patrimonio cultural que acolle o monte. As prazas son limitadas. Na roga traballaremos coordenados nunha zona ampla gardando as distancias persoais. A roga comezará ás 9:30 da mañá…
12 de xuño: desacaciamos o monte San Lois
O SÁBADO 12 de xuño as Brigadas deseucaliptizadoras actuarán por primeira vez sobre o monte San Lois (Noia), terras da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de San Lois onde se pretende erradicar a praga da acacia negra (Acacia melanoxylon) que asola a comarca. O monte San Lois ten un gran valor natural e paisaxístico e inténtase…
5 de xuño: Mondariz Balneario brigadista
En Mondariz-Balneario seguimos botándonos ao monte. Na roga do sábado 5 de xuño, día mundial do ambiente, actuaremos sobre unha parcela de titularidade pública moi afectada polas vagas de incendios. No 2018 xa fixéramos unha primeira plantación por sementeira con crianzas e familias da vila. Cos anos xestas, eucaliptos e silveiras invadiron de novo o terreo….
Froxán: roga e roteiro o 2 de maio
O DOMINGO 2 de maio as Brigadas voltan á Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) para unha xornada de consolidación de traballos de deseucaliptización de convocatorias anteriores seguida dun roteiro histórico-ambiental pola tarde na contorna das Minas de San Fins. As prazas son limitadas para gardar todos os protocolos de seguranza. Na roga traballaremos coordenados nunha zona ampla gardando as distancias…
Verdegaia presenta alegacións ao PRUX do Parque Natural de Corrubedo
O pasado 29 de marzo publicábase no DOG un anuncio da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sometendo a información pública o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. O Parque, que foi declarado como tal en 1992,…
Os xulgados tumban a tentativa da Xunta de impedir o acceso á xustiza gratuíta na investigación penal sobre as minas de San Finx
A sentenza xudicial reafirma o papel da “acción popular medioambiental” que garante ás asociacións ambientais o dereito de acceso á xustiza gratuíta. A resolución da Xunta podía expoñer a Verdegaia a custas xudiciais disuasorias no procedemento penal sobre as irregularidades na mina de San Finx, en Lousame Verdegaia vén de coñecer con satisfacción a sentenza…