Verdegaia alega a construción do megaparque eólico de Meirama que afecta os concellos de Cerceda, Carral e Ordes

Continúa a tramitación indiscriminada de megapaques eólicos por todo o país contra a que Verdegaia ten participado para contribuír a parar esta desfeita ambiental e social que busca encher a nosa terra de muíños eólicos sen repectar a terra, a natureza e as persoas que viven nas áreas afectadas: #EólicaAsíNon.

Participamos na organización da manifestación realizada no día mundial do medio ambiente o pasado 5 de xuño baixo o lema Eólica Así Non, colaboramos coa FEG na presentación de alegacións en varios parques, e presentamos alegacións propias, sumándonos á Plataforma SOS Encrobas e á súa oposición ao Megaparque eólico Meirama que afectará aos concellos de Cerceda, Carral e Ordes.

Nesta ocasión o parque está promovido por Naturgy e pretende a declaración de utilidade pública e ocupación urxente de terras. A veciñanza e Verdegaia consideramos que o parque proxectado non ten utilidade pública xa que está proxectado unicamente para beneficio exclusivo da empresa a costa do ambiente e do ben-estar social da veciñanza.

Solicitamos o rexeitamento á solicitude de autorización administrativa previa, á declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico do proxecto do Parque eólico Meirama, nos concellos de Cerceda, Carral e Ordes, (exp.IN408A 2018/27) e a súa retirada definitiva pola súa incompatibilidade cos valores ambientais e paisaxísticos presentes na área de afección do proxecto e a falla de licenza social.

Impactos ambientais severos:

  • Éxodo poboacional parello á instalación de industrias agresivas co entorno e co ambiente ante unha presión industrial excesiva
  • Incremento do feísmo paisaxístico, falta de licenza social do proxecto e vulneración do convenio europeo da paisaxe
  • Prexuízos significativos e danos para a saúde e o ben-estar das familias que viven e residen nos núcleos afectados polo proxecto
  • Falta de ética e responsabilidade social corporativa dunha empresa que mantén fondos e empresas en paraísos fiscais
  • Ausencia de retorno social do proxecto con escasa creación de emprego estábel
  • Transformación urbanística de terrenos rústicos
  • Proxecto incompatíbel co fomento e a promoción do turismo, a hostalería e coa figura de protección da reserva da biosfera: afectando ao Camiño de Santiago
  • Omisións destacábeis da avaliación ambiental e deficiencia no inventario ambiental
  • Adección significativas á avifauna
  • Prexuízos significativos para hábitats prioritarios e de interese comunitario
  • Vulneración da Directiva 92/43/CEE, relativa á Conservación de Hábitats Naturais e e flora e fauna silvestre
  • Afeccións severas a masas de aguas soterradas, acuíferos e captación de agua para consumo humano e as explotacións agro-gandeiras
  • Vulneración da Directiva Marco da agua: ausencia de estudos xeolóxico e hidroxeolóxico que garanta calidade das aguas superficiais e soterradas e non afección de acuíferos e prexuízos a humidais, charcas e brañas
  • Prexuízos significativos e danos irreparábeis á vexetación autóctona e ao Plan de xestión do Lobo
  • Fragmentación de hábitats e perda da biodiversidade, ausencia de avaliación dos impactos acumulados causados por outras infraestruturas do entorno

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: