IX promoción Escola de Naturalistas. Piornedo, beleza ao natural.

Continuamos coa IX Promoción da Escola de Naturalistas unha das nosas iniciativas de formación ambiental máis completas, na que os seus novos integrantes compartirán experiencias e aprenderán sobre as diferentes áreas que compoñen o naturalismo.

Nesta segunda xornada viaxaremos ata un dos espacios naturais máis importantes de Galicia, Piornedo, no corazón dos Ancares, para realizar parte da ruta de subida ao pico Mustallar, onde coñeceremos a flora e fauna desta area de alto valor natural.

Ao longo dun día e acompañados de varios expertos naturalistas poremos en práctica conceptos teóricos e aplicacións prácticas que a través das súas experiencias persoais achegarán a cada un dos alumnos ao seu ámbito do naturalismo.

Ao longo destes meses tanto os alumnos coma os poñentes intercambiarán coñecementos, tempo e afeccións, polo que Escola de Naturalistas chega a ser todos os anos máis ca un curso de formación, máis ben unha boa razón para que un grupo de compañeiros se reúna, aprenda e goce da natureza presente na súa contorna.

Vémonos na Escola compañeiros!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s