Verdegaia presenta alegacións ao PRUX do Parque Natural de Corrubedo

O pasado 29 de marzo publicábase no DOG un anuncio da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sometendo a información pública o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

O Parque, que foi declarado como tal en 1992, leva dende entón sen o preceptivo PRUX, que tería que terse tramitado no prazo máximo de dous anos.

É, pois, unha boa nova esta publicación, aínda que chegue con tantísima demora, pois é unha necesidade dotar o Parque desta ferramenta de xestión.

O documento contén abundante normativa (moita da cal xa estaba en vigor a través do seu Plan de Ordenación dos Recursos Naturais) destinada a protexer os hábitats e especies deste espazo natural tan relevante.

Aínda concordando en xeral co espírito do contido no documento, desde Verdegaia vimos de presentar alegacións ao mesmo, pois hai algúns puntos que nos parecen mellorables.

Os obxectivos de conservación, por exemplo, parécennos moi pouco ambiciosos, ao contemplar unha redución de especies invasoras dun 75% na Zona de uso limitado e dun 25% no Parque en xeral. Falando dun prazo de 10 anos, pensamos que cómpre ampliar eses obxectivos a un 90% e un 70%, respectivamente. Cremos, ademais, que no caso de especies como acacias ou eucaliptos, é necesario prohibir a súa plantación, non abonda con propoñerse evitala.

No que se refire aos usos industriais, non entendemos que se siga a permitir a presenza das instalacións dunha canteira dentro dun Parque Natural. O propio documento alerta do “ impacto paisaxístico crítico, incompatible cos obxectivos de protección do Parque, deste tipo de instalacións”. Por iso solicitamos que se poña un prazo para o seu peche e a retirada das súas instalacións da superficie do Parque.

En canto aos usos agrogandeiros, cremos, por un lado, que cómpre establecer criterios claros para o uso de biocidas, e, por outro, que as labores de carácter tradicional que empreguen técnicas sustentables non só deben estar permitidas, tal como o documento
recolle, senón que deben ser activamente promovidas mediante campañas de divulgación, actividades de formación e mesmo incentivos fiscais.

Nas nosas alegacións propoñemos, ademais, a ampliación do Parque, a restrición do tránsito de cabalerías e a regulación do aparcadoiro.

Para garantir a debida protección do Parque e o cumprimento de tódalas normas recollidas no documento, consideramos que sería necesario contar con máis medios materiais e humanos, moi especialmente durante o verán, época de máxima afluencia de
visitantes. Non é posible levar a cabo todas as accións previstas cuns medios tan axustados. Sen a debida dotación de recursos humanos e materiais, o documento, que nos parece bastante axeitado, queda reducido a papel mollado.

Alegacións presentadas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: