A APDR denuncia novos vertidos no río Lerez

O sábado 10 de abril, sobre as 9:30 da mañá, puidemos observar diversos vertidos ao longo do río Lérez, algúns deles certamente aparatoso. E aínda que nalgún caso trátase de vertidos que se veñen repetindo sistematicamente desde hai tempo, non deixan de ser preocupantes, non só pola súa incidencia na calidade das augas do río, que afectarán á Ría e aos cultivos mariños que nela se explotan, senón tamén porque evidencian a falta de interese das administracións con competencia por solventar a situación.

Por esta razón, queremos denunciar hoxe o importante vertido existente na marxe esquerda do río á altura do Mercado municipal; e facémolo co apoio gráfico dun video realizado por un dos nosos asociados. A presenza de tollas hixiénicas, compresas e materia orgánica, permite deducir que se trata dun vertido procedente da rede de colectores que recollen os vertidos sólidos urbanos, de orixe fecal; con todo, o feito de que o volume de vertido resulte máis abundante cando se producen períodos chuviosos, fai pensar tamén na posibilidade de que se trate dun vertido da rede de pluviais á que chegan -de forma indebida- augas da rede de fecais.

Sexa como sexa, a situación resulta escandalosa porque suponse que hai anos tiñamos resolto a separación de augas pluviais e fecais na nosa vila, algo que a existencia destes vertidos pon en cuestión. E non nos resistimos a lembrar a campaña “Puro Lérez”, centrada precisamente no feito de ter conseguido a separación de fecais e pluviais e a depuración eficaz de todos os vertidos de natureza fecal na EDAR de Os Praceres!

Desde a APDR queremos denunciar esta situación que é absolutamente inaceptábel para unha cidade como Pontevedra, que ten que deixar de vivir de costas ao Lérez e sacarlle moito máis partido á vantaxe comparativa que supón fronte a outras cidades e vilas da nosa contorna poder dispor dun río como o noso para o deporte e o lecer.

Descoñecemos de quen é a responsabilidade desta situación, se do Concello ou da Xunta de Galicia, polo que imos denunciar tanto na administración local como na autonómica e, ao tempo, no Seprona, agardando que, sexa de quen sexa a responsabilidade, se tomen as medidas necesarias para evitar, definitivamente, que se segan a producir situacións coma estas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: