A nova Lei de residuos volve a perder a oportunidade de encamiñar a xestión de residuos cara unha economía circular na que prime a prevención na xeración e a reciclaxe. A lei inclúe obxectivos tecnicamente imposibles como asegurar a reciclaxe de 50% dos residuos para 2025 cando a dia de hoxe a taxa actual está…
Etiqueta: VERDEGAIA
Clamor pola defensa da biodiversidade na praia da Calzoa en Vigo
Verdegaia, xunto con outros colectivos, vimos denunciando o uso desta praia desde 2018, agora a Comisión Europea emite resposta á petición da cidadanía. Recibida resposta da Comisión Europea relativa á petición número 0405/2020, sobre a ameaza que supón para o ecosistema da praia da Calzoa en Vigo ser designada como espazo de esparexamento canino polo…
Froxán: a deseucliptización continúa o 20M
Se nada o impide, o SÁBADO 20 de marzo as Brigadas Deseucaliptizadoras voltan á Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) para unha xornada de deseucaliptización e plantación de frondosas autóctonas na paraxe do Portelo da Devesa, onde traballamos en decembro de 2020. Na roga traballaremos coordenados nunha zona ampla gardando as distancias persoais. A roga comezará ás 10:00 da mañá e teremos…
Manifesto pola protección do Lobo
Dende Verdegaia manifestamos o noso apoio ao Ministerio de Transición Ecolóxica e solicitamos que faga efectiva a inclusión do lobo (Canis lupus) na Lista de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESRPE) tal e como se acordou o 4 de Febreiro de 2021 na Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidad en…
Accións de protesta contra o reparto dos fondos europeos de recuperación Next Generation
Organizacións ecoloxistas, sindicais, políticas e colectivos sociais protestamos ante diferentes sedes administrativas para denunciar o escuratismo e a falta de participación pública no reparto dos fondos europeos de recuperación. Sinalamos que estes fondos van ir a parar ás mesmas grandes empresas e sectores industriais que levaron á grave crise climática, social, económica e sanitaria que…
6-F: a desacaciación contuinúa en Lentille
Da man da Asociación Veciñal de Lentille as Brigadas (tamén desacaciadoras!) voltan á carga no esforzo por habilitar camiños e seguir facendo recuar as acacias desta aldea do Ribeiro. Para vos apuntar, é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a avlentille@gmail.com até como moi tarde o dia 3 de febreiro….
23-Xaneiro: Roga no Formigueiro (Cedeira)
As Brigadas deseucaliptizadoras inician o seu traballo nunha das comarcas galegas máis castigadas polo eucalipto. Esta será a primeira de dúas xornadas de traballo no lugar de Formigueiro (entreCedeira e santo André de Teixido). Os traballos terán lugar nunha terra dunha hectárea de Mark Singleton, veterano brigadista, que está a traballar en recuperar o bosque autóctono…
As Brigadas voltan a Padróns (Ponteareas) o 10 de xaneiro
A segunda actuación das Brigadas no monte comunal de Padróns (Ponteareas) está convocada para o vindeiro domingo, 10 de xaneiro, coa plantación dunhas 1500 árbores autóctonas. A intervención manual nesta roga terá como obxectivo a repoboación dunha zona afectada pola vaga de lumes de outubro de 2017 con especies autóctonas como bidueiras, corticeiras ou pradairos. Para vos apuntar, é preciso,…
5 anos do acordo de París polo clima, promesas incumpridas
O 12 de Decembro de 2015, asinouse o Acordo de Paris, compromiso para enfrentar a emerxencia climática, limitar o aumento da temperatutra en menos de 2ºC, e acadar a neutralidade en emisións de carbono en 2050. Desde ese momento os líderes mundiais continuan sen tratar a emerxencia climática como unha crise e, cinco anos despois,…
Verdegaia denuncia vertidos ao río Tambre
Grazas ao aviso dunha colaboradora pudemos interpoñer denuncia por vertidos ao río Tambre ante Aguas de Galiza e o Seprona. Estes vertidos levan véndose varias semanas no río e, nunha visita realizada o día 4 de novembro púdose observar desde a área recreativa e piscina fluvial de Tapia, Ames (comarca de Compostela), e continuando río…
Verdegaia denuncia Grupo Mineiro Santa Comba por verteduras por metais pesados
O 26 de outubro, e en datas posteriores, diversos colectivos ambientais e agrarios denunciamos ante Augas de Galicia a existencia de verteduras desde o “Grupo Mineiro Santa Comba”, consistente en achiques de augas residuais industriais de mina procedentes das plantas inundadas do referido grupo mineiro. Tales achiques eran vertidos desde unha serie de balsas de…
Reforma administrativa da Xunta: unha nova ferramenta para eludir os trámites ambientais
Segundo declaracións á prensa do Conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, o goberno do PP na Xunta pretende implantar, antes de fin de ano, unha reforma administrativa de cara a axilizar a tramitación dos grandes proxectos empresariais. Quere, ademais, que o financiamento desta reforma veña en boa medida dos fondos europeos destinados a paliar os efectos…