5 anos do acordo de París polo clima, promesas incumpridas

O 12 de Decembro de 2015, asinouse o Acordo de Paris, compromiso para enfrentar a emerxencia climática, limitar o aumento da temperatutra en menos de 2ºC, e acadar a neutralidade en emisións de carbono en 2050.

Desde ese momento os líderes mundiais continuan sen tratar a emerxencia climática como unha crise e, cinco anos despois, continúa sen haber compromisos claros e efectivos para combater a crise climática.

Na actualidade o mundo xa é un 1,2ºC máis quente. O planeta está a arder, a inundar, a derreter, e numeros especies están en extinción. Estamos cada vez máis perto do punto de non retorno no que será difícil combater esta emerxencia

A ciencia é clara acerca das consecuencias do aquecemento global se superamos os 2ºC de incremento global da temperatura. Polo que acadar a neutralidade climática está cada vez máis lonxe e, ademais, xa se observa que esta neutralidade debe alcanzarse máis cedo xa que 2050 sería tarde demais para protexer as persoas e o planeta.

Combater a crise climática implica que se faga unha transición ecosocial xusta na que se defenda a poboación frente a crise provocada polas emisión de gases de efecto invernadoiro. Isto implica que na trasición se teña en conta a saúde e a vida das persoas frente aos beneficios da industria. Os sectores industriais afectados pola necesidade de reducir ou eliminar emisións deben ser reconvertidos a economía de proximidade, ecolóxica e circular e apostar pola creación de empresas que aposten polas enerxías limpas con menor impacto ambiental e social

Con motivo deste 5º aniversario e tendo en conta as demandas ambientais e sociais de non sobrepasar o incremento de emisións, hai unha nova convocatoria a nivel internacional na que se demanda accións políticas efectivas para combater a emerxencia climática e que o incremento de temperatura a nivel global non alcance os 1,5ºC.

Esta mobilización global e descentralizada está orientada a denunciar as políticas de greenwhashing realizadas polas grandes empresas, maiores contribuidoras de emisións a nivel global.

No noso país contaremos con pequenas accións descentralizadas, debido ás limitacións de actividades grupais, con accións en Vigo, Pontevedra e Compostela durante os días 11 e 12 de Decembro. Atención ás redes sociais onde se irán divulgando as fotografías das accións.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s