
Este venres gozaremos dunha nova xornada Falando de natureza dende os nosos fogares. Nesta ocasión, afondaremos na formidable orde dos odonatos, que acubilla ás comunmente coñecidas como libélulas e aos cabaliños. Un sorprendente grupo de insectos, aos que poderemos coñecer polo miúdo grazas á participación de:
- Anais Rivas Torres: Doutora en bioloxia, especialidade en ecoloxia evolutiva animal. Experta no estudo do comportamento dos animais, en concreto das libeliñas e cabaliños do demo. Docente de ecoloxia e xestión medioambiental. Divulgadora en ecoloxía e deporte sostenibel (IG:@olimpo_verde).
- Adolfo Cordero Rivera: Doutor en bioloxía. Etólogo, ecólogo e biólogo evolutivo, experto en comportamento de Odonatos. Bi-catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo, e autor de case 300 publicacións científicas.
A emisión deste faladoiro, moderado polo biólogo e compañeiro de Hábitat Martiño Cabana Otero (Coordinador do Atlas de odonatos de Galicia), será en directo o venres 4 de decembro, ás 20:30h.
Se estás interesado en participar como público, poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través delas. Rematado o faladoiro, o moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.
Podes seguirnos na nosa canle de Youtube: