Obxectivos e destinatarios/as
Obxectivo xeral
Compartir experiencias tanto a nivel galego como estatal e de outros paises europeos, descubrindo novas maneiras de xestionar os residuos nun contexto de crise financeira, resolvendo dúbidas e respondendo a cuestións que poidan axudarnos a mellorar os nosos modelos de xestión.
Obxectivos específicos
Dar solución á problemática dos residuos, descentralizar a súa xestión; reducir na orixe; promover ciclos curtos e na pequena escala; superar o descoñecemento e desconfianza na compostaxe por parte de cargos políticos e técnicos administrativos; fomentar a participación da cidadanía nun modelo sustentábel de xestión dos residuos; coñecer e controlar o proceso de compostaxe nas escalas doméstica e comunitaria e fomentar o contacto das persoas coa terra como sistema vivo através da participación directa no seu ciclo de produción e recuperación.
A quen está dirixido
O Foro está dirixido a persoal técnico, responsábeis públicos, produtores/as e xestores/as de residuos e publico en xeral, que queiran compartir a sua experiencia e atopar información útil e práctica para mellorar os sistemas de xestión nos seus territorios.
Programa provisional “Cara unha sociedade da reciclaxe. Iniciativas e experiencias”
Data: 22 e 23 de novembro
Lugar: Sexto edificio do Museo de Pontevedra (Rúa Padre Amoedo Carballo, esquina Sierra, Pontevedra)
PROGRAMA:
Venres 22 de novembro
10.00h Inauguración das xornadas
- Concello de Pontevedra
- Deputación de Pontevedra
- ADEGA
10.15h Conferenza inaugural : “Unha alternativa ecolóxica económica e social á actual xestión dos residuos en Galiza”. Alfonso del Val, consultor ambiental experto en residuos.
11.15h Pausa café ecolóxico e de comercio xusto
11.30h Experiencias de compostaxe
- Compostaxe de residuos de comedores universitarios. Manuel Soto, Director da Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña (UDC)
- Compostaxe domestica e comunitaria – ADEGA (María R. Lafuente, coord. programas de compostaxe)
- Aproveitamento da biomasa forestal para compost – Mariam Ferreira Golpe, FRUGA (Federación Rural Galega)
- Compostaxe comunitaria en zonas rurais: Comarca Pallars Sobirá. Josep Lluis Piqué, técnico do Consell Comarcal del Pallars Sobirá.
- “Composta en red”. Beatriz Martín, representante de “Composta en Red!
14.30h Remate xornada de mañán
16.00h Saída e visita guiada á da planta de tratamento de residuos da Manc. de Concellos Serra do Barbanza (Lousame). Marta Domínguez, técnica da Planta de Lousame
20.30h Remate da xornada de tarde
Sábado 23 de novembro
10.00h Palestra: Experiencias cara o “Residuo-Cero”
- Planificación e resultados “porta a porta” en Hernani – Luis Intxauspe, Alcalde de Hernani
- Experiencias Zero-Waste en Europa – Patrizia Lo Sciuto, presidenta da asociación “Rifiuti Zero”, Comune di Capannori, Italia. Videoconferencia
12.00h Pausa café
12.30h Mesa debate / mesa traballo: Como avanzar na reciclaxe na Galiza?
- Concello de Pontevedra – Presentación da proposta da planta de compostaxe comarcal
- Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza
- Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia
- ADEGA
14.30h Clausura das xornadas.
Actos paralelos
Exposición sobre a compostaxe
Mostra / stand sobre residuos, reciclaxe e compostaxe