Bancos de biodiversidade, a mercantilización definitiva do ambiente

Lei-ImpactoO PP aproba na Lei de Avaliación Ambiental o instrumento para poder especular coa natureza

Alén de reducir prazos, eliminar garantías e recurtar a participación pública, a Lei de Avaliación Ambiental que o PP aprobou en solitario introduce unha nova ferramenta especulativa para a privatización do ambiente: Os “bancos de hábitats”

Outra ferramenta perversa e inútil, coma os mercados de CO2

O PP apresenta os ditos “bancos de conservación” ou “bancos de hábitats” como a ferramenta para promover milloras ambientais (de aplicación en calquera lugar) que convintemente “mercantilizadas” en forma de “cretos” poidan ser adquiridos por promotores de proxectos impactantes como xeito de cumprir coas medidas compensatorias.

Estes “cretos ambientais” fundaméntanse na promesa de compensar a natureza destruída por un proxecto nun determinado lugar repoñéndoa noutro, ao desenvolver actuacións favorábeis (de conservación ou recuperación de hábitats). Deste xeito, actuacións de elevado impacto e que requiran de medidas compensatorias poderán desenvolverse adquirindo nun “mercado de hábitats” cretos cuxo valor dependerá das milloras ambientais que se desenvolvan.

Os “bonos ambientais” adquiriranse negociando nunha “bolsa”, en réxime de libre mercado e suxeita a intereses especulativos por canto poderían ser negociados por terceiras partes en mercados secundarios.

E ao igual que aconteceu cos “mecanismos de desenvolvemento limpo” ou o mercado de emisións, que non foron quen de deter o continuo incremento de gases de efeito invernadoiro na atmosfera, esta medida só beneficiará ás grandes corporacións contaminadoras e destrutoras da natureza (eléctricas, mineiras, petroleiras…) que en diante terán vía libre para desenvolver os seus proxectos a golpe de “talonario verde”.

Ao contrario do que pregoan, estes mecanismos permiten e mesmo fomentan a destrución da natureza coa promesa de que os hábitats pódense recrear nalgún outro lugar. Isto beneficia ás empresas máis agresivas, que por riba pódense apresentar como investidoras en protección e facer pasar os seus produtos e servizos como ecolóxicos. Negocio redondo!!

A transformación do noso patrimonio natural en “activos ambientais” susceptíbeis de compravenda, suporá a privatización de facto e a mercantilización da nosa natureza. Cantos “cretos ambientais” valen as Dunas de Corrubedo, os soutos do Courel ou as Fragas do Eume?

Ligazóns

adega

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s