Novo capítulo de corrupción ambiental en Pontevedra

51aa4b722062f-img_8973-001

Para a Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), o acordo asinado onte entre a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e os directivos de ELNOSA supón unha burla á cidadanía da comarca e para os sectores que viven da explotación dos recursos marisqueiros e pesqueiros, que verán como a electroquímica seguirá a verter mercurio nas augas da Ría cando menos por tres anos máis.

Con esta decisión, o PP na Xunta de Galicia deixa claro que, lonxe de cumprir a súa promesa de poñer data de saída a ELNOSA, tense sometido aos intereses dos seus directivos; e deixa claro tamén, que quen ditan a política medioambiental da Xunta no referente ao saneamento e recuperación da Ría de Pontevedra son precisamente as direccións de ENCE-ELNOSA.

Descoñecemos se o PP ten recibido algún beneficio da empresa ELNOSA, pero desde logo non nos parece que esta decisión poida terse dado de forma gratuíta; trátase dun novo caso de corrupción nun partido no que, cada vez máis, estes comportamentos semellan ser a norma fronte á excepción dos comportamentos honorábeis e concordes coa Lei. Estamos diante dun clamoroso caso de corrupción ambiental, pois de calquera outro xeito non se pode entender que unha empresa que foi condenada por delito ecolóxico xunto a ENCE, que non fixo nada por mudar unha tecnoloxía hoxe en día prohibida na Unión Europea (UE), que conseguiu a súa Autorización Ambiental Integrada (AAI) sen o preceptivo informe favorábel do Concello de Pontevedra e que sigue contaminando a Ría de forma grave, poida continuar por mais tempo no seu actual emprazamento.

Pero esta decisión puidera supor tamén a comisión dun presunto delito de prevaricación por parte do Conselleiro de Medio Ambiente que, ao noso entender, ten perdido toda lexitimidade para seguir dirixindo a política medioambiental do goberno galego. Un acordo cunha empresa non pode tirar por terra unha decisión firme como a establecida pola Xunta de Galicia na AAI de ELNOSA que fixaba, con  carácter irrevogábel, o día 7 de xaneiro do 2014 como a data na que a empresa tiña que cesar na súa actividade industrial na Ría de Pontevedra, unha decisión que non respondía a un capricho do goberno galego senón a unha exixencia da UE.

Neste sentido, a APDR está a estudar a posibilidade de denunciar pola vía penal ao Conselleiro de Medio Ambiente e desde logo imos tomar todas aquelas decisións que, pola vía xudicial ou pola da mobilización social, poidan impedir esta nova agresión ao medio ambiente, aos recursos naturais e á saúde e a calidade de vida da poboación da comarca. Porque nos asiste a razón e nolo esixe a defensa da dignidade como pobo.

apdr

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s