Rebelión contra SOGAMA: O problema non é só o prezo, é o modelo

ForoRecicla2 (1)Foro Europeo de Residuos de Pontevedra acolleu a algúns dos expertos/as nos tratamentos ecolóxicos dos residuos máis destacados a nível Europeo. Dende Alfonso del Val, o mestre da compostaxe a nível estatal até Enzo Favoino, coordenador científico de Zero Waste Europa, pasando por científicos galegos como o catedrático Manuel Soto, da UDC, todos sinalaron a necesidade de mudarmos o actual modelo baseado na incineración e a vertedura (SOGAMA) cara outros máis ecolóxicos, solidarios e sustentábeis. Non hai excusas (como non sexa a estupidez, a corrupción ou o entreguismo a GN-Fenosa) que xustifiquen a teimosía da Xunta en seguir alimentando o monstro de SOGAMA, agora fortemente contestado pola forte suba na fatura do lixo que vai trasladar aos concellos.

Desengancharse de SOGAMA é posíbel: Con valentía política e compromiso coa veciñanza

O abandono da incineración para apostar por outros modelos máis ecolóxicos, económicos e solidarios non só é unha cuestión de convicións, senón tamén de valentía política e compromiso coa cidadanía. Así o puxeron de manitesto neste Foro Europeo técnicos como Josep Lluis Piqué, da mancomunidade do Pallars-Sobirà, que levan tempo poñendo en práctica solucións para o tratamento descentralizado do lixo mediante a compostaxe nunha comarca rural con grandes semellanzas a moitas de Galiza.

Pola súa banda Luis Intxauspe, alcalde de Hernani, debruzounos o modelo que veñen de implantar no seu concello e na comarca, baseado no “porta a porta” e a compostaxe, e que está a colleitar unha excelente acollida entre a veciñanza. O “porta a porta” amosa uns índices de recuperación estratosféricos, a anos luz de SOGAMA.
Por riba das presións, a demagoxia e as mentiras dos que defendían a incineración e criticaban a valente aposta de Hernani pola reciclaxe, o concello soubo manterse firme na defensa dun modelo máis racional, ecolóxico e barato. Finalmente, a cidadanía gañou: A incineradora de Guipúscoa xa é historia e os que fixeron bandeira política da súa defensa, ao ditado das eléctricas, quedaron en evidencia.

Unha aposta igual de valente pola compostaxe e o abandono da incineración está a facer o concello de Pontevedra. A concelleira Carme da Silva apresentounos o estudo de viabilidade da planta de compostaxe comarcal. Máis barata (e ecolóxica) que SOGAMA, agora depende da Deputación que sexa unha realidade. Dende ADEGA agardamos que o ente provincial antepoña os intereses e a saúde da veciñanza á “omertá” que impón SOGAMA.

Animamos a todos os responsábeis municipais a rachar coa ditadura da incineración: Pódese saír de SOGAMA e evitar o expolio dos recursos municipais que pretende a Xunta só para cadrarlle as contas a GN-Fenosa. Ofrecemos aos concellos toda a nosa axuda, información e coñecementos técnicos que precisen para “desenganchárense” da incineración.

adega

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s