Reunión da Plataforma 2018 co Xefe territorial de Medio Ambiente

Na mañá de hoxe, tres persoas en representación da Plataforma 2018 mantiveron unha  reunión co xefe territorial de Medio Ambiente, José Luis Díaz Yáñez, no edificio administrativo da Xunta da Galiza en Pontevedra.

plataforma junta-001

Nesta reunión, os/as representantes da Plataforma solicitaron unha explicación ante o recente acordo do goberno da Xunta coa empresa ELNOSA, acordo onde se lle concede unha ampliación da súa Autorización Ambiental Integrada (AAI) por dous anos mais, nos cales poderán seguir vertendo mercurio e ata o 2017 para abandonar Lourizán e buscar unha ubicación alternativa, cando a actual AAI tiña a súa data de caducidade en xaneiro do 2014.

A resposta do xefe territorial de Medio Ambiente foi a esperada se temos en conta as declaracións anteriores do Partido Popular, xustificando esta decisión como medida para comprometer a ELNOSA a mudar de ubicación no 2018, amparándose na aplicación da Lei 5/2013 e da Directiva 2010/75c pola que as AAIs serán de aplicación indefinida.

Dende a  Plataforma 2018 manifestamos o noso rexeitamento ante esta decisión, e as nosas dúbidas ante este tipo de declaracións que mais ben semellan ser palabras destinadas a disfrazar a realidade namentres se continúan a dar pasos encamiñados á continuidade de ENCE e ELNOSA como o é esta prórroga de tres anos mais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s