O PP sácase a careta no tema de ENCE

Aínda que para a meirande parte da cidadanía era evidente que cando o Partido Popular fala da súa posición contraria á permanencia de ENCE-ELNOSA en Lourizán faino coa boca pequena e só por motivos electorais, por se alguén tiña dúbidas, as recentes declaracións de distintos portavoces populares veñen deixalo claro. O PP sácase a careta e aposta, definitivamente, pola defensa do interese particular de ENCE e ELNOSA fronte ao interese xeral da poboación da comarca.

Nun exercicio de cinismo e absoluta demagoxia, o Conselleiro Hernández atrévese a dicir que “hai que recapacitar sobre o tema porque a opción do traslado perde apoio social”. Pero, cando lle importou ao Sr. Hernández e ao PP o apoio social que poida ter unha reivindicación cidadán para deixar de facer o que lles peta? Cando tiveron en conta as demandas da poboación pontevedresa no que fai á necesidade de facer cumprir a lexislación ao complexo ENCE-ELNOSA? Tería que explicar, ademais, o Conselleiro, que datos obxectivos lle fan pensar nesa suposta perda de apoios. Pretende, quizais, lexitimar diante da cidadanía un cambio de discurso do seu partido? A menor participación nunha determinada manifestación non implica, en absoluto, que teña mudado o apoio social á esixencia da saída de ENCE e ELNOSA de Lourizán. Non se pode valorar esa participación na manifestación ao marxe da situación xeral na que se produce. Esa análise perversa poderíanos levar a afirmar –poño por caso- que a perda de postos de traballo, a baixada do poder adquisitivo, ou mesmo os recortes nos dereitos sociais, non son temas que preocupen á cidadanía.

plataforma junta-001

Pero non son as do Sr. Hernández as únicas declaracións ao respecto. O vicepresidente da Xunta, Sr. Rueda, ten saído aos medios para afirmar que “ENCE non poderá seguir en Lourizán nas mesmas condicións nas que está hoxe”, para engadir logo que “na decisión do goberno galego sobre a súa continuidade teranse en conta unha morea de factores, non só os medioambientais”. Estas declaracións, que poderían semellar unha obviedade, agochan un grado de indefinición que –observado con perspectiva- non pode máis que preocupar. Moito nos tememos que –máis unha vez- a decisión do PP virá ditada polos directivos de ENCE e en función dos cartos que poñan sobre as mesas do goberno central e autonómico.

E que dicir das últimas declaracións do xefe da oposición no Concello de Pontevedra! Quere saber o Sr. Moreira cal será a alternativa do alcalde no caso de que non se lle conceda a prórroga a ENCE. Mellor faría en tratar de explicar a súa posición –e a do PP local- ao respecto; a súa permanente indefinición neste tema, Sr. Moreira, hai tempo que non engana a ninguén e, mentres non se demostre o contrario, a súa posición non difire da que mantén o seu partido: a absoluta submisión aos intereses dos directivos do complexo industrial de Lourizán que, desde hai moito, veñen dirixindo a política ambiental do goberno galego no que a este tema se refire. A deste goberno e a de calquera dos gobernos anteriores.

apdr

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s