Verdegaia propón que Vigo abandone SOGAMA

trafico basura

Verdegaia ven de propoñerlle ao concello de Vigo que asuma con firmeza a súa oposición a SOGAMA e opte por un sistema alternativo de xestión de residuos no que prevaleza a reciclaxe e a compostaxe.

A subida no canon que os concellos pagan a SOGAMA pon de manifesto a insustentabilidade, tamén financeira, dun proxecto que dende o inicio demostrou ser incapaz de solucionar o problema para o que foi creado: a xestión dos residuos sólidos urbanos. Os números oficiais de SOGAMA demostran sobradamente o fracaso do seu modelo de xestión: só en 2012 incinerou 554.317 toneladas de residuos e botou 256.057 toneladas no vertedoiro de Areosa. A pesar de que a meirande parte deses residuos podían ter sido recuperados, a opción escollida foi incineralos, é dicir, empregar a atmosfera como vertedoiro de partículas contaminantes que o ciclo da auga se encargará de devolver á terra.

Sen esquecer os efectos que a subida do canon pode supoñer nas economías domésticas, dende Verdegaia consideramos que o debate público debe centrarse no excesivo volume de residuos que os concellos envían a SOGAMA, que en definitiva é a causa do elevado custe que deben soportar.

Cumpre recordar que cada concello ten a potestade de decidir, respectando as directrices europeas, o tratamento dos residuos xerados no seu territorio. De aí que propoñamos a adopción de mecanismos que optimicen a separación na orixe permitindo así maximizar a cantidade de residuos que se poden redirixir (vender) aos centros recicladores locais:

. informar/sensibilizar a cidadanía do importante papel que desempeña na prevención de residuos (preferindo produtos a granel ou en envases tamaño familiar; utilizando bolsas reutilizábeis; evitando produtos de un so uso);

. establecer mecanismos que garantan unha correcta separación na orixe (punto limpo fixo e móbil; recollida porta a porta de residuos comerciais e domésticos);

. promover a compostaxe individual e comunitaria;

. cooperar cos axentes recicladores locais para unha correcta recollida de materiais reciclábeis.

Entre os beneficios da aplicación dun modelo deste tipo cabe destacar:

. recuperación de materiais (permitindo reducir a extracción de novos recursos naturais);

. evitar o transporte de residuos dende Vigo ata Cerceda;

. evitar as emisións inherentes a unha incineración indiscriminada de materiais;

. potenciar a economía verde e conseguinte creación de emprego nos centros recicladores.

verdegaia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s