Os concellos en SOGAMA poderían reducir un 50% os residuos (e os custos) con sinxelas medidas

trafico basura

Consellos para reducir, reciclar e aforrar nos custos do lixo dende o minuto 1

Apostar por modelos máis ecolóxicos, económicos e solidarios na xestión dos residuos non só é unha cuestión de cartos. Con valentía política e compromiso coa cidadanía pódense pór en marcha iniciativas para reducir dende xa a dependencia de SOGAMA

Desengancharse de SOGAMA é posíbel

A rebelión protagonizada por unha manchea de concellos fronte á suba do canon de SOGAMA anunciada pola Xunta non pode ficar só nunha cuestión económica. Trasladar a presión á Xunta/SOGAMA para que modere o “taxazo” non pode ser o único obxectivo dos concellos afogados por este ruinoso modelo.
Os responsábeis dos municipios atrapados en SOGAMA deben saber que poden, dende o minuto un, comezar a virar cara unha xestión máis ecolóxica dos residuos poñendo en marcha iniciativas e medidas de baixo custo que lles permitirían reducir a dependencia de SOGAMA e aforrar máis dun 50% na factura do lixo.

Medidas para aforrar dende o primeiro momento… sen saír (aínda) de SOGAMA

De xeito inmediato:
Poñer en marchar iniciativas de compostaxe doméstica e comunitaria, para reducir a materia orgánica (máis do 50% por cento do lixo xerado). Isto permitiría reducir inmediatamente o que os concellos e cidadanía pagan a SOGAMA, e investir o aforrado na millora do sistema de recollida (implantando o porta a porta das demáis fraccións) e de tratamento (plantas locais de compostaxe).

A curto-medio prazo:
Habilitar unha área local de compostaxe cunha tecnoloxía moi sinxela e barata (compostaxe en pilas) acompañada dunha recollida selectiva “porta a porta”, enviando a SOGAMA só a fracción resto. Cunha boa recollida selectiva entregariase a SOGAMA o 15% do que se lle envía hoxe, co correspondente aforro económico.

A medio-longo prazo:
Criazón de plantas comarcais/mancomunadas de compostaxe que xa permitan ao concellos desvencellarse totalmente de SOGAMA. Ao respeito, hai arestora numerosas liñas de financiamento, especialmente a nível europeo. Nestas instalacións xestionarianse tamén os plásticos e envases, outra fonte importante de ingresos (punto verde), alén da fracción orgánica.

Os concellos teñen o deber e a responsabilidade de promover unha xestión máis sustentábel dos recursos. E queda demonstrado que os residuos, son un recurso económico de primeiro nível. Convertéronse nun problema só porque SOGAMA/GN Fenosa quería ter o monopolio da súa xestión e lucrarse con eles.

Desengancharse de SOGAMA é pois posíbel: Só a ineptitude e/ou a corrupción teiman deste ruinoso modelo.

adega

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s