Centos de aves mariñas abeiradas

1-DSC_0060

Este inverno está a ser moi duro para as aves mariñas, especialmente os álcidos: no deixan de chegar ás nosas costas cadáveres, e algún que outro individuo moribundo (Ver nova da SEO).

¿Está a haber unha mortandade elevada de álcidos? ¿Cantos terán morto, aproximadamente, de cada especie? ¿Cómo poderá afectar ás colonias de cría? ¿Morren de inanición ou hai outras causas? ¿Pódese apreciar algún patrón nestas arribadas (distribución xeográfica/temporal de especies)? ¿Mantense o patrón de migración diferencial en función da idade e o sexo detectado durante o episodio de mortandade masiva causado polo Prestige?

Pues para responder a estas e outras preguntas, membros de Hábitat están a recompilar citas tanto de individuos vivos como mortos (destes últimos tamén fotografías para poder determinar polo menos a idade). Por iso, se tes algunha cita de aves mariñas abeiradas neste 2014, é importante que a envíes a Galiciaves, ao noticiario NOG, ou ao correo electrónico de Hábitat.

Tamén estanse a realizar necropsias dos individuos mortos para intentar saber algo máis sobre a especie, e as causas da morte. Se atopas cadáveres nas prairas, agradecémosche que nos avises por teléfono (699 817 143), correo electrónico, ouFacebook, ou mesmo a un Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe.

Aquí podes descargar unha breve guía para coñecer a idade dos álcidos. Se percorres praias facendo ICAOs (Inspeccións Costeiras de Aves Orilladas) e recolles algún cadáver, o mellor sería que cubrises esta ficha e a mandases a Hábitat.

Logo_Habitat2

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s