A APDR presentou recurso de alzada contra a actualización das autorizacións ambientais integradas de ENCE ELNOSA

ence-elnosaA Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra ten presentado recursos de alzada contra a decisión da Xunta de Galicia de actualizar as AAI a ENCE e a ELNOSA, dúas resolucións que ao entender da nosa asociación conculcan os dereitos da cidadanía e atentan contra a defensa do medio ambiente.

Ambas resolucións da Xunta teñen como obxectivo adaptar as AAI concedidas e renovadas no seu día ás empresas do complexo industrial de Lourizán á nova lexislación europea, a Lei 5/2013, que no seu artigo 1.19 elimina o antigo artigo 25 dedicado á renovación da autorización ambiental integrada. Esta adaptación á nova lexislación deixa sen efecto –entre outras cousas- a data de finalización da actividade industrial de ELNOSA, fixada na AAI no 7 de xaneiro do 2014, e permite que tanto ENCE como ELNOSA poidan continuar na Ría sen sequera ter que solicitar a renovación das súas respectivas autorizacións ambientais.

Debemos lembrar aquí que tanto a AAI de ENCE como a de ELNOSA, concedidas no ano 2008 polo goberno bipartito da Xunta e renovadas polo PP no 2011, incumprían os requisitos esixidos pola lexislación de aplicación naquel momento e, xa que logo, foron concedidas de forma irregular e mesmo ilegal. Pero, ademais, no caso de ENCE, foi baseada –como é sabido- nun acordo de supramunicipalidade que foi anulado en sentenza firme do Tribunal Supremo no ano 2012, un fallo xudicial que anulaba tamén a propia AAI da fábrica de pasta de papel por ter sido baseada precisamente neste decreto.

Polo que fai á eliminación da data fixada na renovación da AAI á ELNOSA como fin da súa actividade, debemos dicir que ao noso entender resulta cando menos irregular; irregular porque supón a aplicación dunha Lei con carácter retroactivo, pero supón, ademais, unha prórroga inxustificada e inxustificábel á contaminación das augas e sedimentos da Ría con mercurio, un metal pesado de enorme risco para a saúde humana ao través do consumo dos produtos pesqueiros e marisqueiros da Ría e o permiso para seguir utilizando –por tempo indefinido- unha tecnoloxía obsoleta que foi prohibida xa na Unión Europea. A Xunta, lonxe de cumprir e facer cumprir a lexislación, amosa unha total dependencia das direccións empresariais do complexo de Lourizán e mesmo segue sen cumprir as decisións xudiciais ao respecto.

Xa por último, queremos lembrar tamén que mesmo as concesións de ENCE e ELNOSA están hoxe en entredito polos respectivos fallos xudiciais da Audiencia Nacional resoltos a favor dos recursos presentados por Salvemos Pontevedra e polos que condena ao Ministerio de Medio Ambiente a incoar expedientes de caducidade das concesións de ENCE e ELNOSA (este último no pasado 29 de xaneiro) e a paralizar aquelas actividades que non conten coas preceptivas concesións administrativas. Neste sentido, queremos transmitir os nosos parabéns á citada asociación polo seu novo éxito xudicial, un éxito que axudará a que máis pronto que tarde a cidadanía de Pontevedra e a comarca poida recuperar un espazo da Ría que lle pertence e que foi roubado baixo a ditadura franquista.

apdr

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s