ADENCO envía nova documentación á Comisión Europea no ámbito da denuncia presentada pola Senda no Río Tea

1-Presentación denunciaO Grupo Ecoloxista ADENCO ten realizado nestes días novos envíos de documentación á Comisión Europea en relación coa denuncia presentada polas actuacións realizadas na Senda no Lugar de Importancia Comunitaria Río Tea. Concretamente ADENCO tenlle enviado ás institucións europeas diferentes documentos entre os que se atopan as autorizacións previas das sendas nas que se indican as condición mínimas para esas obras. As condicións sinaladas nestes documentos non foron cumpridas nas obras tal e como queda demostrado na denuncia presentada ante a Comisión Europea polo grupo ecoloxista.

 

O proceso administrativo da denuncia continúa dentro dos cauces marcados polas institucións europeas. Esta denuncia foi presentada polo Grupo Ecoloxista ADENCO no mes de febreiro ante a Unión Europe, denunciando aos Gobernos do Estado Español, da Xunta de Galicia e dos Concellos de Mondariz e Ponteareas polas obras que se realizaron nas beiras do río Tea, con sucesivos paseos fluviais que alteraron o ecosistema e prexudicaron aos hábitats que fixeron posible que este espazo forme parte da Rede Natura 2000.

Na denuncia presentada os ecoloxistas proban que se realizaron unha serie de actuacións dentro do LIC Río Tea, con fondos europeos, que contradín os obxetivos previstos e para os que foron destinados eses fondos. Así, paradoxicamente, Europa contribúe, seguramente sen coñecelo, a destruir a Rede Natura 2000 coa financiación con fondos comunitarios, fondos FEDER, destas obras que suman centos de miles de euros.

ADENCO lembra que tamén se ten denunciado o procedemento administrativo, que está cheo de vicios, deficiencias e escurantismo, coa única finalidade de confundir e esquivar a normativa de avaliación de impacto ambiental, cuestión que tamén se denuncia por vulnerar a Directiva que trata esta cuestión na Unión Europea.

Por último, considérase clara á afección a hábitats protexidos dentro da Rede Natura 2000, algúns prioritarios, e a afección, evidente, a diferentes especies, animais e vexetais, algunhas en perigo de extinción e outras en clara recesión. Neste senso, as enormes cantidades de xabre que se teñen vertido ao río nos últimos meses e o conseguinte, absurdo e inasumible, gasto económico derivado do parcheo  dos treitos da senda destruídos constitúen outra das irracionalidades deste proxecto.

ADENCO continuará a colaborar coa Comisión Europea e o resto das institucións e organismos europeos e seguirá reclamando a depuración de responsabilidades e a recuperación da ribeira e dos hábitats e especies danadas polas sendas no Lugar de Importancia Comunitaria Río Tea.

adenco

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s