Ecoloxistas, propietarios, empresas, investigadores e outros 40 colectivos impulsan a campaña Cousa de Raíces

Máis de 40 colectivos e entidades defensoras do bosque galego e do seu aproveitamento sostible lanzaron hoxe na Eira da Xoana a campaña “Cousa de Raíces”. Esta campaña, impulsada por iniciativa do colectivo ecoloxista ADEGA, pretende sumar esforzos e iniciativas en recuperar o valor do bosque desde o coñecemento, como recurso cultural, económico e ambiental.

O lema escollido trata de retratar o bosque como elemento vertebrador da nosa identidade, cultura e paisaxe, pero tamén da nosa economía e sociedade. As “raíces”, soterradas e ocultas baixo a terra, representan o piar fundamental do que é a nosa sociedade e do que será; ademais son sustento do que se fai visible no territorio, na paisaxe e no desenvolvemento económico-social. É “cousa de raíces” que entre todas e todos camiñemos cara un mesmo obxectivo na preservación do noso bosque.

“Cousa de Raíces” nace coa idea de conservar o bosque a través de dúas vías. Por unha banda, facendo presión mediática e política das obrigas da Administración no cumprimento da normativa existente; e por outra banda, a nivel social, potenciando unha conciencia colectiva sobre a importancia das árbores autóctonas e da súa conservación.

Únense nesta mesma reivindicación organizacións e persoas do eido económico, ambiental, científico, cultural e veciñal. Todas estas entidades recuperan un obxectivo histórico do movemento social que semella urxente reivindicar de novo ante o acusado retroceso que se está a experimentar das masas de árbores autóctonas, especialmente na zona costeira. Segundo datos que ofreceu o profesor da USC, no Campus de Lugo, Manuel Guitián, arestora o bosque galego ocupa menos do 30% da superficie arborada do país.

Campaña aberta e proactiva

FotoGrupoCR“Cousa de Raíces” defínese como unha campaña aberta a todas as persoas, entidades e colectivos dispostas a traballar no obxectivo común de defender o noso bosque; e por tanto, proactiva, expansiva, coalvborativa, diversa e integral.

Alén dos 40 colectivos que a veñen de impulsar, a campaña quere acoller o apoio de moitas outras organizacións que poderán utilizar o seu logo, lema e a súa imaxe identitaria para acompañar as súas accións e actividades cara a este obxectivo.

Para iso, proximamente ADEGA creará un blog no que se poidan recoller todas as entidades e iniciativas que se desenvolvan no marco da campaña. Polo de agora, todas aquelas entidades e persoas interesadas en sumarse a este movemento poden facelo a través do correo electrónico: cousaderaices@adega.info

Contacto: Xabier Bruña, vogal de medio rural de ADEGA (617 081 373)

 Entidades promotoras de Cousa de Raíces:

ADEGA
ADENCO
AGRUPACIÓN MICOLÓXICA A ZARROTA
ALIBÓS
ARTEU
ASFORGAL
ASOPORCEL
ASOCIACIÓN GALEGA DE CUSTODIA
ASOC. PATRIMONIO DE CASTROVERDE
ASOC. PETÓN DO LOBO
BANDULLO ECOLÓXICO
CARBALLO VIVO
CENTRO INVESTIGACIÓN LOURIZÁN
CULTURA DO PAÍS
CVMC DE LOUSAME
CVMC SOBREIRAS DO FARO
CYCLOWOOD
CDR ANCARES
ENARBORAR O BOSQUE
ERVA
FACTORÍA DE IDEAS
FRUGA
FEG
FORO DO CAMIÑO
FRAGAS DO MANDEO
FROUMA FORESTAL
GRUPO HÁBITAT
HIFAS DA TERRA
QUERCUS SONORA
MARIÑAPATRIMONIO
NATURVIVA
ORGACCMM
OVICA
PLATAFORMA SARRIANA POLO RÍO
POLITÉCNICA (CAMPUS LUGO)
POSADA MARRÓN GLAÇE
PROXECTO NEO
RIDIMOAS
RÍOS CON VIDA
SGO
SOBREIRAS DO ULLA
VERDEGAIA

Comparte a túa imaxe COUSA DE RAÍCES con nós!

Ti tamén podes unirte á campaña facéndote unha foto co logo de Cousa de Raíces e compartíndoa con nós no noso Facebook e Twitter a través de #CousaDeRaíces.

adega

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s