Un problema de narices

ence-elnosaHai uns días a empresa ENCE facía públicos os resultados dunha suposta enquisa anual coa que a empresa pretendía coñecer a percepción que a cidadanía ten da fábrica de Lourizán. Sen entrar nas razóns que puideron levar aos responsábeis de ENCE a non dar a coñecer os resultados obtidos en anteriores enquisas, imos tratar de explicar os que agora publican e que teñen que ver coas emisións olorosas da factoría. De acordo co recollido nos medios de comunicación, un 53,5 % das persoas preguntadas din “non percibir nunca” cheiros que se poidan relacionar con ENCE, mentres que un 30,9 % din percibilos moi frecuentemente. E deducen os responsábeis da empresa que “a loita contra o impacto oloroso empeza a dar os seus froitos”, unha conclusión a todas luces interesada e errada. Que haxa unha porcentaxe elevada de persoas que perciben a cotío os cheiros procedentes de ENCE quere dicir, sen paliativos, que en ENCE estanse a producir estes cheiros con asiduidade. Que un 53,5 % da poboación diga non percibir eses cheiros indica que ou ben teñen un problema na pituitaria olfactiva ou ben –vaia a saber Vde. porque razón- negan percibilos. En calquera caso PONTEVEDRA TEN UN PROBLEMA DE NARICES e hai que solucionalo do único xeito posíbel, eliminando ese foco cheirento que, ademais, impide o traballo no sector marisqueiro e pesqueiro na Ría e o desenvolvemento económico da comarca.

apdr

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s