Continuan as obras na Praia dos Barcos, pechando o seu uso aos bañistas

1-obras na praia dos barcos 9 xuño14Dende o Colectivo Ecoloxista do Salnés queremos facer unha denuncia pública a través dos medios de comunicación sobre a continuidade nestes días das obras da ampliación dos pantaláns do Club Náutico de Sanxenxo que afectan negativamente á zona de baño da praia de Panadeira e dos Barcos, no casco urbano de Sanxenxo.

Aínda que é un tramo litoral xa moi alterado ambientalmente debido ás diversas infraestruturas que dun xeito pouco sostible se veñen facendo dende fai décadas neste concello, non cabe dúbida que esta obra é un suma e sigue nesta política de atentados á costa. A continuidade das obras do club náutico sobre o areal de Panadeira e dos Barcos, a pesares da forte oposición dos seus usuarios representados pola plataforma SOS Panadeira, non demostra máis que a pouca sensibilidade que se ten hacia un uso sostible da costa para todos e non para uns poucos, neste caso para os propietarios das embarcacións. Tanto é así que estes días a praia atópase pechada ao público e incluso baixo a orde de evacuar aos usuarios da praia. Aínda que esta prohibición de paso atenda a medidas de seguridade, que serían entendibles por todos, non estaría xustificado o corte total da praia. Así parece que esta orde atende a un intento de afastar e acalar a protesta veciñal.

O CES entende que a costa é de todos e que os usos que se fagan do litoral debe ser o máis compatibles posible, e máis nun concello tan vinculado ao mar e ás súas praias. O club Náutico de Sanxenxo, así como todas as administracións con competencias, deben respectar a costa e aos seus veciños que dun xeito unánime lle están  a pedir que paralicen as obras. De non ser así, darase un novo paso hacia a irracionalidade social e ambiental en troques de aprender dos erros pasados, tanto en respecto ao medio ambiente como á opinión dos cidadáns.

Así o CES quere solicitar publicamente a paralización das obras de ampliación dos pantaláns do porto deportivo e que se estuden outras posibilidades, e dar o apoio á plataforma SOS Panadeira.

ces

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s