O gato bravo (Felis sylvestris) é unha especie presente en Galicia, pero da que non hai moita información publicada. Por iso, é necesario actualizar, polo menos parcialmente, o coñecemento sobre a súa distribución e abundancia, ademais de realizar unha aproximación á súa presenza histórica na comunidade.
Por este motivo, o gato bravo foi escollido como Especie do Ano 2014 na recentemente declarada Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (MCeTM), grazas á colaboración do Grupo de Desenvolvemento Rural As Mariñas Betanzos, da propia Reserva e do Grupo Naturalista Hábitat.
Para facer un pouco máis accesible esta especie tan descoñecida, temos elaborado este tríptico coa información dispoñible ata o momento, así como a web http://gatobravo.weebly.com, onde recompilar e poner a disposición do público información sobre esta especie.
Tamén iniciamos una campaña de recollida de citas, tanto históricas como actuais, de avistamentos ou de atropelos. Co obxecto de facilitar o tratamento de datos, poñemos á vosa disposición estás fichas de recollida de datos de atropelos e de avistamentos, cedidas polo Proyecto Gato Bravo, a quen agradecemos. Podes colaborar facendo prospeccións en calquera zona de Galicia e enquisas a persoas que frecuenten o monte.
Pingback: O gato-bravo, espécie do ano 2014 na reserva das Marinhas