O voluntariado limpa as praias mentres outros teñen bula para emporcalas impunemente

As persoas que vivimos a costa e o mar estamos cada vez máis sensibilizadas coa problemática da contaminación do medio mariño. Só é preciso visitar as praias para ver a cantidade de botellas, contedores, bolsas de plástico, vidros, cordas, envases de todo tipo (aluminio, policapa, plástico…), porexpán, escumas illantes, calzado, restos de úteis para a hixiene, productos químicos (de limpeza, etc…), palets, etc… que cada día o mar deposita nos areais.

Máis de 5 toneladas de lixo recollidas nunhas poucas horas polo voluntariado son só a punta do iceberg, e dan unha idea da dimensión do problema.

1-Entullo-Quilmas

A Rede Natura, unha entulleira barata e moi a man (para algúns)

Mentres en toda a costa galega centos de persoas voluntarias colaboraban na limpeza das praias para visibilizar o problema da contaminación mariña, paradoxalmente algunhas empresas sen escrúpulos depositaban con total impunidade moreas de lixo nun espazo publico costeiro, e ademáis protexido pola Rede Natura 2000.

Aconteceu en Quilmas, Carnota, por conta da empresa Stolt Sea Farm, que está a amorear na praia de Corna Becerra entullos procedentes das obras que realiza nas súas instalacións. A empresa acuícola está a usar a marxe costeira, en pleno dominio púbnlico e dentro da RN2000 (ZEC Carnota-Monte Pindo) coma entulleira. Deposita blocos de cemento e formigón picado, tubos e outros materiais plásticos, ferros e outros residuos de demolición, entre os que podería haber tóxicos e perigosos. Ademais, para poder carrexar estes materiais dende as súas instalacións, abriron un camiño con maquinaria pesada até a entulleira sobre os hábitats (algúns de protección prioritaria) da marxe costeira.

Cumplicidade e escurantismo da administración

Tanto ten que o espazo estea considerado por Europa como de necesaria conservación, por acoller a hábitats sensíbeis, fráxiles ou raros, como é o caso do litoral de Carnota: Actividades como a piscicultura industrial, ao contrario que outros usos menos agresivos, semellan ter bula sobre esta privilexiada costa.

Até o de agora, a administración rexeitou subministrar a ADEGA información sobre esta obra: Permisos, estudo de impacto, medidas correctoras…, e tivemos que solicitar o amparo do Valedor do Pobo. Alén deste desleixo, prodúcese tamén un agravio comparativo para aqueles veciños e veciñas ou pequenos negocios sometidos a restricións nos espazos protexidos. É de lei impoñer cautelas nos espazos naturais fráxiles, mais que estas sexan só para a cidadanía mentres que determinados negocios gocen de dereito de pernada só ten un nome: Corrupción.

adega

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s