Villar Mir pontea á Xunta e pide ao ministerio 112 MW eólicos sobre flora en perigo crítico

1-UltreiaeSATLogo do recurte das primas, o machetazo ao autoconsumo e a recente orde de retribución ás renovábeis, só as grandes empresas e oligopolios enerxéticos poderán manterse no mercado das enerxías limpas. Serán as únicas que poderán ter acceso ao capital preciso para manter e poñer en marcha novas instalacións coas que competir no mercado libre.

O concurso eólico de Feijóo fica pois baleiro de contido: Até hoxe dos 2.325 MW adxudicados hai 3 anos no concurso eólico, autorizáronse 60. As adxudicatarias máis modestas desisten dos investimentos pola baixa rendibilidade e a falta de creto e as grandes empresas do sector apresentarán os seus proxectos directamente ao ministerio. Deste xeito pode darse o paradoxo de que mentres en moitos montes esmorece a chatarra eólica pola súa baixa rendibilidade, en novas áreas agroman grandes parques con moita potencia instalada e máquinas de última xeración.

Estes parques ao tramitárense dende Madrid non deixarán rendementos nen tributos en Galiza, agás o canon eólico, que dun xeito absolutamente miope Feijóo estableceu por aeroxerador, non por potencia. Os novos parques que tramite o ministerio (e o repotenciamento dos actuais), terán menos máquinas pero máis potencia (até 10 veces máis), tributando menos cartos.

Re-colonización eólica dende o Estado e impactos que non cesan

Tal é o caso das dúas instalacións que agora solicita Villar Mir (“Pedra Miñón” de 59,4 MW e “Monte Alegre” de 52,8 MW) que están fóra do concurso da Xunta e competen directamente ao Ministerio por superaren cada un os 50 MW de potencia instalada. Ocuparán ademáis áreas de excepcional valor ecolóxico nas que están presentes de endemismos botánicos únicos e en perigo crítico de extinción.

Trátase da Centaure ultreiae, que concentra toda a súa poboación mundial (uns 7000 individuos) nun pequeno espazo entre os concellos de Coristanco, Tordoia, Val do Dubra e Santa Comba, no que ademais están presentes rochas básicas e ultrabásicas. Un territorio de excepcional valor que debería estar protexido dende hai décadas.

As pistas, gavias, cimentacións e liñas de evacuación do parque eólico “Monte Alegre” reducirán e fragmentarán aínda máis o hábitat da Centaurea ultreiae. E polo que atinxe á outra instalación, o parque “Pedra Miñón” nos concellos de Vimianzo e Zas, atópase tamén na área de distribución doutro endemismo botánico en perigo, aCentaurea corcubionensis.

Quen vai valer estas pequenas plantas, xoias do noso patrimonio natural, fronte á cobiza de Villar Mir e o desleixo da Xunta?

adega

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s