A APDR denuncia obras sen licenza en ENCE

De acordo coa información recibida na APDR, o pasado luns día 21 de xullo no recinto fabril que ocupa a empresa “ENCE-Energía y Celulosa” en Lourizán realizáronse obras consistentes no levantamento duns depósitos soterrados que, ao parecer, contiñan residuos industriais e/ou fecais, co obxectivo de substituílos por novos depósitos, unhas obras que carecen da necesaria licenza municipal.

Pero, ademais, todo indica que a decisión de substituír os depósitos soterrados por uns novos, foi provocada pola constatación de que se tiña producido a rotura dalgún deles e, como consecuencia, a perda dun importante volume de vertidos líquidos potencialmente perigosos para o medio ambiente.

Diante desta situación, a Asociación Pola Defensa da Ría interpuxo denuncias diante da Policía local de Pontevedra e no Xulgado de Garda, denuncias que seguen o seu curso e que agardamos rematen co necesario castigo aos responsábeis de ENCE.

Resulta absolutamente inadmisíbel a actitude de ENCE que, con independencia da gravidade dos feitos, considera que pode saltarse as normativas legais e nin solicita licenza de obras nin pon en coñecemento das Administracións competentes a rotura dos depósitos en cuestión.

Na APDR preguntámonos se estes feitos teñen algo que ver cos vertidos denunciados no seu día polas confrarías da Ría, que observaron vertidos contaminantes ao longo da avenida e que deu lugar á apertura dun expediente contra a empresa pasteira.

apdr

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s