Allariz aposta pola compostaxe con un proxecto integral para os seus residuos orgánicos

Compostaxe-AllarizEste 11 de setembro asinouse o convenio de colaboración co concello de Allariz para desenvolver un proxecto de recollida separada de residuos orgánicos e a súa compostaxe nun centro de experimentación ambiental. É unha iniciativa a tres bandas no que participan a universidade da Coruña (UDC), o concello de Allariz e ADEGA. A presentación tivo lugar nesta vila e contou coa presenza da presidenta de ADEGA Virxinia Rodríguez, o catedrático e director da OMA (Oficina do Medio Ambiente da UDC) Manuel Soto e o alcalde de Allariz Francisco García.

O obxectivo é traballar na redución de residuos a nível local, promover unha boa separación para favorecer a reciclaxe e compostar no propio concello a fracción orgánica. A materia orgánica, que supón un 50% dos residuos domésticos, non son lixo. Cunha boa separación pódese transformar en abono de calidade mediante unha tecnoloxía moi sinxela. De feito ao longo da historia os restos de comida sempre se aproveitaron ben para alimentación animal ou ben para abonar a leira.

Este será un proxecto de compostaxe a diferentes niveis: Por unha banda, promoverase a compostaxe caseira entre os habitantes con dispoñibilidade de horta ou xardín, e por outra iniciarase un proxecto experimental que consistirá na recollida separada dos residuos orgánicos do casco urbano incluídos os centros de hostalería, para a súa posterior compostaxe nunha aula ambiental rehabilitada dunha antiga fábrica leiteira.

ADEGA achegará apoio técnico tanto para o proxecto como na elaboración dos materiais divulgativos, comunicación e información á veciñanza. Farase un gran esforzo en implantar sistemas de porta a porta (ou ben de contedor) que garantir unha boa separación, chave para o éxito de calquera proxecto de compostaxe. Dentro da campaña de divulgación organizaranse xornadas informativa  tanto para adultos como para escolares.

Con este proxecto a vila de Allariz alén de millorar as súas taxas de reciclaxe, será máis autónoma na xestión do lixo, reducirá a cantidade de residuos que envía a SOGAMA (diminuindo sensibelmente a súa factura) e inverterá en emprego local.

adega

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s