Augas de Galicia advirte a ENCE pola utilización de técnicas para a dilución dos vertidos

5352d29f2df0b-ence-elnosaHai uns días recibimos na APDR escrito da Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia en resposta á denuncia formulada por nós contra ENCE polo incumprimento da AAI.

De acordo co escrito, Augas de Galicia ten emitido cinco informes en diversas ocasións ao longo dos anos 2013 e 2014, informes que fan referencia á utilización das chamadas balsas de emerxencia, que –tal como denunciabamos no pasado mes de abril- entra en contradición co establecido na Autorización Ambiental Integrada.

Como se lembrará, a APDR denunciaba daquela a utilización das balsas de emerxencia para diluír a concentración dos contaminantes presentes nas augas de vertido de ENCE, unha práctica ilegal recoñecida polos seus representantes e pola que agora a Xunta de Galicia limítase a “advertir” á empresa indicándolle que “o cumprimento dos valores límite de emisión en ningún caso poderán alcanzarse mediante dilución”.

Resulta certamente indignante que a Xunta, que recoñece implicitamente que ENCE utiliza as balsas de emerxencia para diluír os seus vertidos non abra un expediente sancionador contra a empresa, unha empresa que –non se debe esquecer- caracterízase polo incumprimento da lexislación ambiental sen que o Goberno galego tome medidas.

Diante desta situación, a APDR solicita copia da totalidade dos informes emitidos por Augas de Galicia así como daquela información facilitada pola empresa en resposta ás solicitudes deste organismo autónomo; así mesmo, pregunta ao Goberno galego se ten aberto algún expediente sancionador a ENCE e se ten adoptado algunha medida para impedir a utilización fraudulenta das augas das balsas de emerxencia para a dilución dos vertidos.

Xa por último, a APDR quere chamar a atención sobre un feito que non debe pasar desapercibido: todo indica que a Xunta de Galicia e o Goberno español queren prorrogar a concesión de ENCE en Lourizán aplicando a nova Lei de Costas; unha prórroga a unha empresa que incumpre a lexislación e que non respecta nin os dereitos da poboación nin as condicións fixadas na súa Autorización Ambiental Integrada a pesares de ter sido pactada e feita á baixa para que non tiveran dificultades para a cumprir.

apdr

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s