Tras o éxito do pasado ano, o Grupo Naturalista Hábitat, da man novamente da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa), comprácese en organizar o II CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA “Vida silvestre do encoro de Cecebre”, co obxectivo de seleccionar aquelas ilustracións que pasarán a formar parte do Calendario 2015 da nosa entidade.
.
A participación nesta nova convocatoria é aberta e de balde. De entre todos os debuxos achegados, o xurado escollerá aquelas 24 ilustracións máis destacables, as cales ademais de pasar a formar parte do vindeiro calendario gozarán dunha serie de premios por parte dos organizadores e promotores.
.
Como principal novidade, nesta ocasión haberá dúas categorías diferentes: menores de 14 anos e de 14 anos en diante. Deste xeito confiamos en que a participación sexa moi numerosa, independentemente da idade ou aptitudes para o debuxo.
.
O prazo de peche de inscricións e entrega das obras remata o vindeiro 7 de novembro de 2014.
.
Sexades ilustradores expertos, afeccionados ao debuxo ou simples amantes da natureza…ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
- Descarga aquí as bases da convocatoria a ficha de inscrición e o cartaz