O vindeiro *luns 6 de outubro* celebraremos o *Día Mundial da Arquitectura* baixo o lema *”Cidades saudables, Cidades felices”* dacordo á convocatoria anual que fai a UIA (Unión Internacional de Arquitectos) invitando a desenvolver actividades que remarquen o papel dos arquitectos e a arquitectura na vitalidade dos asentamentos humanos edo benestar dos seus habitantes.
ACTO CENTRAL:
Dia 6 – 17:00 H.- Paseo polo *Rio Gafos* coa presenza de autoridades locais e con membros da *Asociación Vaipolorio*, que será homenaxeada este ano pola súa contínua e exemplar aportación desde o ano 2001 en labores de recuperación, limpeza, posta en valor e difusión da riqueza medioambiental do Río Gafos, desde o seu nacemento en Figueirido ata a súa desembocadura na ría de Pontevedra. Descubrirase unha placa conmemorativa en homenaxe á *Asociación Vaipolorio*. O punto de encontro será no cruce de Alcalde Hevia e Fernández Ladreda ás 17:00 H.